Publicacións

Volve Teatrofilia. Aquí a programación do 2025

Imaxe
Un ano máis, e xa van vinte, volve Teatrofilia, unha mostra de teatro amador que encherá Vedra de artes escénicas. Dende o 14 de marzo até o 5 de abril o Centro Sociocultural de Vedrá acollerá 13 representacións teatrais que mostran a diversidade e gran potencia do teatro amador do país. Aquí a programación, coa indicación coa recomendación dos públicos aos que van dirixidas cada unha das obras:  VENRES 14 DE MARZO 21:30h “ Paripé ” (TP)   de O Catre Teatro (As Pontes)* SÁBADO 15 DE MARZO 20:30 "Miles Gloriosus" (+12) de Teatro Muxicas (ONCE Ourense) (Visita táctil para público con discapacidade visual ás 20h) DOMINGO 16 DE MARZO 19:30h “ A visita”  (+16) do Grupo municipal de teatro de Ames VENRES 21 DE MARZO 21:30h “ Fraktal” (+12) de Ska-Rnio escénico (Rianxo) SÁBADO 22 DE MARZO 20:30h “ Sobre o mal que fai o tabaco”  (+12) de Escola municipal de artes escénicas da Estrada DOMINGO 23 DE MARZO 19:30h “ Nanai da China”  (Públic...

TERESA TATO CABALEIRO É A GAÑADORA DO XVIII CONCURSO DE CARTEIS PARA ANUNCIAR TEATROFILIA 2025!

Imaxe
IMAXE CARTEL GAÑADOR CONCURSO CARTEIS TEATROFILIA 2025 Despois da deliberación do xurado formado polos membros da Asociación Cultural Papaventos, reunido para valorar todas as propostass de carteis presentadas para anunciar a viséxima edición da Mostra de Teatro Amador de Vedra: Teatrofilia 2025, agrádanos anunciarvos que o deseño gañador foi o presentado por: Teresa Tato Cabaleiro , de San Miguel de Sarandón - Vedra (A Coruña) Coa imaxe limpa e diáfana dun monifate manexado dende unha man coas unllas pintadas coa cor vermella da paixón polas artes escénicas, este cartel é o escollido para difundir a nosa mostra de teatro amador Teatrofilia 2025, que se celebrará entre os meses de marzo e abril. ACCÉSIT INFANTIL E na categoría infantil do concurso, resultou gañadora do accésit a proposta de Lucía Castro Cabaleiro, da aldea de Ximonde - San Miguel de Sarandón - Vedra (A Coruña). Noraboa ! Aquí o cartel gañador do accésit infantil: Queremos agradecer  a participación de todas a...

XVIII CONCURSO DE CARTEIS PARA ANUNCIAR TEATROFILIA 2025

Imaxe
  BASES DO XVIII CONCURSO DE CARTEIS PARA ANUNCIAR TEATROFILIA  A Asociación Cultural Papaventos convoca o concurso de carteis para anunciar a XX Mostra de Teatro Amador de Vedra, Teatrofilia 2025 , que se celebrará nos meses de marzo e abril 2025. As bases do concurso son: 1. PARTICIPANTES • Poderán presentarse ao concurso todas aquelas persoas que o desexen, agás os membros da Asociación Cultural Papaventos e familiares directos. • Cada participante poderá presentar un máximo de dúas obras. 2. TEMA e CARACTERÍSTICAS TÉCNICAS • Os carteis teñen que versar preferentemente sobre algo relacionado co teatro. Non obstante, os participantes gozan de completa liberdade para escoller o tema. • Os/as creadores/as dos carteis que se presenten ao concurso serán responsables da orixe da obra e, se esta estivera inspirada nun traballo alleo, deberán dispoñer da autorización do seu autor/a. • O tamaño dos carteis debe ser formato A3 (297x420mm). • Poderán realizarse con calquera técnica...

TEMOS IMAXE GAÑADORA DO XVII CONCURSO DE CARTEIS PARA ANUNCIAR TEATROFILIA 2024!

Imaxe
D espois da deliberación do xurado formado polos membros da Asociación Cultural Papaventos, reun ido para valorar todas as propostas de carteis presentadas para anunciar a décimo novena edición da Mostra de Teatro Amador de Vedra, agrádanos anunciarvos que o deseño gañador foi o presentado por Rocío Carbia López , d e Bos Aires (Arxentina) . Parabéns! A imaxe d o escenario preparado para que comece a función é a escollida para dar publicidade a  Teatrofilia 2024! E na categoría infantil do concurso, resultou gañadora do accésit a proposta de  Martina Iglesias Cajaraville, de S. Pedro de Sarandón (Vedra) . Parabéns! Aquí o cartel gañador do accésit infantil: Queremos agradecer a todas as persoas participantes, nen@s e maiores, nesta XVII edición do concurso de carteis para anunciar Teatrofilia pola súa participación e, segundo vén especificado nas bases do mesmo , todas as propostas presentadas serán expostas ao público durante a próxima edición de Teatrofilia, q...

Aberto o prazo para o XVII Concurso de carteis de Teatrofilia 2024, ata o 22/12/2023

Imaxe
A Asociación Cultural Papaventos convoca unha nova edición do concurso de carteis para anunciar a XIX Mostra de Teatro Amador de Vedra Teatrofilia   que se celebrará no mes de marzo de 2024.   BASES DO CONCURSO   1. PARTICIPANTES • Poderán presentarse ao concurso todas aquelas persoas que o desexen, agás os membros da Asociación Cultural Papaventos e familiares directos. • Cada participante poderá presentar un máximo de dúas obras. 2. TEMA e CARACTERÍSTICAS TÉCNICAS • Os carteis teñen que versar preferentemente sobre algo relacionado co teatro. Non obstante, os participantes gozan de completa liberdade para escoller o tema. • Os/as creadores/as dos carteis que se presenten ao concurso serán responsables da orixe da obra e, se esta estivera inspirada nun traballo alleo, deberán dispoñer da autorización do seu autor/a. • O tamaño dos carteis debe ser formato A3 (297x420mm). • Poderán realizarse con calquera técnica (pictórica, fotográfica, informática, etc.). • No cartel fi...

TEATROFILIA 2023, do 10 de marzo ao 1 de abril no Centro Social de Vedra e no Pazo de Ortigueira (Santa Cruz de Ribadulla- Vedra)

Imaxe
 A programación de Teatrofilia 2023 xa está lista!