Publicacións

Mostrando publicacións coa etiqueta deseño cartel

XA TEMOS CARTEL GAÑADOR DO XIX CONCURSO DE CARTEIS PARA ANUNCIAR TEATROFILIA 2026, FEITO POLA ESTRADENSE PATRICIA RIVEIRA LACEIRAS

Imaxe
  IMAXE CARTEL GAÑADOR DO CONCURSO DE CARTEIS "TEATROFILIA 2026" Despois da deliberación do xurado formado polos membros da Asociación Cultural Papaventos, reunido para valorar todas as propostas de carteis presentadas para anunciar a viséximo-primeira edición da Mostra de Teatro Amador de Vedra: Teatrofilia 2026, agrádanos anunciarvos que o deseño gañador foi o presentado por: Patricia Riveira Laceiras, veciña de Vea (A Estrada), natural de Bos Aires (Arxentina). Cun deseño feito a man e moi colorista, representando elementos como as máscaras características das artes escénicas cun estilo de fantasía, este cartel é o elixido para promocionar a nosa mostra de teatro amador Teatrofilia 2026. Parabéns, Patricia! ACCÉSIT INFANTIL E na categoría infantil do concurso, recae o accésit para a proposta do: 2º curso de Educación Primaria do CPI Plurilingüe de Vedra (A Coruña) . Noraboa! Queremos agradecer a todas as persoas que participaron no concurso, tanto  nen@s  como maior...

XVIII CONCURSO DE CARTEIS PARA ANUNCIAR TEATROFILIA 2025

Imaxe
  BASES DO XVIII CONCURSO DE CARTEIS PARA ANUNCIAR TEATROFILIA  A Asociación Cultural Papaventos convoca o concurso de carteis para anunciar a XX Mostra de Teatro Amador de Vedra, Teatrofilia 2025 , que se celebrará nos meses de marzo e abril 2025. As bases do concurso son: 1. PARTICIPANTES • Poderán presentarse ao concurso todas aquelas persoas que o desexen, agás os membros da Asociación Cultural Papaventos e familiares directos. • Cada participante poderá presentar un máximo de dúas obras. 2. TEMA e CARACTERÍSTICAS TÉCNICAS • Os carteis teñen que versar preferentemente sobre algo relacionado co teatro. Non obstante, os participantes gozan de completa liberdade para escoller o tema. • Os/as creadores/as dos carteis que se presenten ao concurso serán responsables da orixe da obra e, se esta estivera inspirada nun traballo alleo, deberán dispoñer da autorización do seu autor/a. • O tamaño dos carteis debe ser formato A3 (297x420mm). • Poderán realizarse con calquera técnica...

TEMOS IMAXE GAÑADORA DO XVII CONCURSO DE CARTEIS PARA ANUNCIAR TEATROFILIA 2024!

Imaxe
D espois da deliberación do xurado formado polos membros da Asociación Cultural Papaventos, reun ido para valorar todas as propostas de carteis presentadas para anunciar a décimo novena edición da Mostra de Teatro Amador de Vedra, agrádanos anunciarvos que o deseño gañador foi o presentado por Rocío Carbia López , d e Bos Aires (Arxentina) . Parabéns! A imaxe d o escenario preparado para que comece a función é a escollida para dar publicidade a  Teatrofilia 2024! E na categoría infantil do concurso, resultou gañadora do accésit a proposta de  Martina Iglesias Cajaraville, de S. Pedro de Sarandón (Vedra) . Parabéns! Aquí o cartel gañador do accésit infantil: Queremos agradecer a todas as persoas participantes, nen@s e maiores, nesta XVII edición do concurso de carteis para anunciar Teatrofilia pola súa participación e, segundo vén especificado nas bases do mesmo , todas as propostas presentadas serán expostas ao público durante a próxima edición de Teatrofilia, q...
Imaxe
  E con moita emoción, temos a honra de presentarvos o novo deseño para a XIX Mostra de Teatro Amador de Vedra, TEATROFILIA 2023! As persoas que formamos parte da Asociación Cultural Papaventos reunímonos para valorar todas as propostas que recibimos ao abeiro do concurso que, como cada ano, lanzamos para atopar a que será a imaxe da próxima edición da Mostra de Teatro Amador de Vedra. Gañou o deseño presentado por María Isabel Currais Sendón, da Coruña. Parabéns! E o áccesit infantil gañouno Xiomara Neira Macías, de San Miguel de Sarandón, Vedra. Parabéns! Nas próximas semanas daremos a coñecer a programación da Mostra, que terá lugar entre o 10 de marzo e o 1 de abril do 2023 no Centro Social de Vedra.