Publicacións

Mostrando publicacións coa etiqueta teatrofilia 2009

CARTEL de TEATROFILIA 2009

A Asociación Cultural Papaventos decidiu declarar deserto o concurso de carteis deste ano, de acordo coas bases. Non obstante, estamos moi agradecidos a aqueles que participaron :). Finalmente, decidiuse que o cartel que anunciará a VI Teatrofilia vai ser o de Mar Delgado , de Granada, que presentara un fermoso traballo o ano pasado, que quedara fóra de prazo. Moi prontiño todos poderedes ver o que vos agarda en marzo e en abril, sobre o escenario da Casa da 3ª idade de Vedra... Non falta moito!! Un saúdo a todos e, unha vez máis, graciñas a todos.

ATENCIÓN; PROLÓNGASE O PRAZO DO CONCURSO DE CARTEIS

Ola a todos!! A A.C. Papaventos decidiu prolongar unha semana máis o prazo da recepción dos carteis do concurso para anunciar a vindeira edición de Teatrofilia . Deste modo, aqueles que o deixastes a medias, aos que se vos pasou o prazo, ou os que descubrades a existencia do concurso neste intre, tedes ata o próximo luns, 19 de xaneiro, para facernos chegar as vosas propostas, tal e como esixen as bases. Moito ánimo e sorte!!!

Novas, novas, novas...

Un ano máis, A.C.Papaventos convoca o concurso de carteis para Teatrofilia. As bases están no post anterior e, se tedes algunha dúbida, podedes dirixirvos a nós mediante o correo electrónico, ac_papaventos@yahoo.com. Xa vedes que, aínda que faltan meses para a Mostra, xa temos que poñernos a traballar :) Ademais disto, temos outras cousas que contarvos! Andaravía gañou o 3º premio do concurso GzCrea, coa obra Metus Extremus !! Todos nos sentimos moi satisfeitos e sempre é bo compartir con vós o que nos pasa, sobre todo, se é positivo :). O próximo martes 16 iremos ao Teatro Principal de Santiago de Compostela á gala, e logo intentaremos colgar fotos. Por outra banda, coma sempre, nós seguimos traballando para poder ofrecervos máis cultura, máis entretemento, máis arte... máis teatro. Como este ano a familia aumentou, e xa case non cabemos no escenario nunha soa fila, tivemos que dividirnos en dous grupos Andaravía, e fixémolo en base ao horario que nos conviña para asistir ás clases ...

III edición concurso de carteis --- Teatrofilia VI

A Asociación Cultural Papaventos convoca un concurso de carteis para anunciar a VI Mostra de Teatro Amador de Vedra, Teatrofilia , que se celebrará en marzo do 2009. AS BASES DO CONCURSO SON: 1ª) PARTICIPANTES - Poderán presentarse ao concurso todas aquelas persoas que o desexen, sexan ou non veciños de Vedra, excepto os membros da Asociación Cultural Papaventos. - Un mesmo autor/a poderá presentar o número de carteis que desexe. 2ª) TEMA e CARACTERÍSTICAS TÉCNICAS - Os carteis teñen que versar preferentemente sobre algo relacionado co teatro, xa que o obxectivo é anunciar Teatrofilia , a Mostra de Teatro Amador de Vedra. Non obstante, os participantes gozan de completa liberdade para escoller o tema, sempre e cando promova a difusión de dita Mostra. - Os creadores dos carteis que se presenten ao concurso serán responsables da orixe da obra e, se esta estivera inspirada nun traballo alleo, deberán dispoñer da autorización do seu autor/a. - O tamaño dos carteis é libre, así com...