3 de feb. de 2009

CARTEL de TEATROFILIA 2009

A Asociación Cultural Papaventos decidiu declarar deserto o concurso de carteis deste ano, de acordo coas bases. Non obstante, estamos moi agradecidos a aqueles que participaron :).

Finalmente, decidiuse que o cartel que anunciará a VI Teatrofilia vai ser o de Mar Delgado, de Granada, que presentara un fermoso traballo o ano pasado, que quedara fóra de prazo.

Moi prontiño todos poderedes ver o que vos agarda en marzo e en abril, sobre o escenario da Casa da 3ª idade de Vedra... Non falta moito!!

Un saúdo a todos e, unha vez máis, graciñas a todos.

3 comentarios:

Carla Capeáns dixo...

Oliñas!! Son nova nestes lares...pero oíra falar do grupo de teatro Aldaravía...é o voso non si?
Graciñas por facer que a xente non se esqueza do teatro.

BeijinhosS

Anónimo dixo...

alégrome moito por Mar Delgado,pero aínda que respeto a vosa opinión en canto a deixar o premio do concurso de carteis deserto non a comparto xa que penso que tense que ver recoñecido dalgún xeito o traballo dos artistas galegos igual que se está a dignificar o teatro a través de actividades coma as que vos facedes.un saúdo

Anónimo dixo...

penso que o que non podedes facer é pasar por alto as bases do concurso que vós mesmos fixastes escollendo así unha obra do ano pasado que estivo fóra de prazo,xa que as bases están para cumprir e os prazos fíxanse para seren respetados;algo que todos os demáis concursantes fixemos.