Publicacións

Mostrando publicacións coa etiqueta Teatrofilia 2024

TEMOS IMAXE GAÑADORA DO XVII CONCURSO DE CARTEIS PARA ANUNCIAR TEATROFILIA 2024!

Imaxe
D espois da deliberación do xurado formado polos membros da Asociación Cultural Papaventos, reun ido para valorar todas as propostas de carteis presentadas para anunciar a décimo novena edición da Mostra de Teatro Amador de Vedra, agrádanos anunciarvos que o deseño gañador foi o presentado por Rocío Carbia López , d e Bos Aires (Arxentina) . Parabéns! A imaxe d o escenario preparado para que comece a función é a escollida para dar publicidade a  Teatrofilia 2024! E na categoría infantil do concurso, resultou gañadora do accésit a proposta de  Martina Iglesias Cajaraville, de S. Pedro de Sarandón (Vedra) . Parabéns! Aquí o cartel gañador do accésit infantil: Queremos agradecer a todas as persoas participantes, nen@s e maiores, nesta XVII edición do concurso de carteis para anunciar Teatrofilia pola súa participación e, segundo vén especificado nas bases do mesmo , todas as propostas presentadas serán expostas ao público durante a próxima edición de Teatrofilia, q...

Aberto o prazo para o XVII Concurso de carteis de Teatrofilia 2024, ata o 22/12/2023

Imaxe
A Asociación Cultural Papaventos convoca unha nova edición do concurso de carteis para anunciar a XIX Mostra de Teatro Amador de Vedra Teatrofilia   que se celebrará no mes de marzo de 2024.   BASES DO CONCURSO   1. PARTICIPANTES • Poderán presentarse ao concurso todas aquelas persoas que o desexen, agás os membros da Asociación Cultural Papaventos e familiares directos. • Cada participante poderá presentar un máximo de dúas obras. 2. TEMA e CARACTERÍSTICAS TÉCNICAS • Os carteis teñen que versar preferentemente sobre algo relacionado co teatro. Non obstante, os participantes gozan de completa liberdade para escoller o tema. • Os/as creadores/as dos carteis que se presenten ao concurso serán responsables da orixe da obra e, se esta estivera inspirada nun traballo alleo, deberán dispoñer da autorización do seu autor/a. • O tamaño dos carteis debe ser formato A3 (297x420mm). • Poderán realizarse con calquera técnica (pictórica, fotográfica, informática, etc.). • No cartel fi...