Publicacións

Mostrando publicacións desta data: 2026

Programación Teatrofilia 2026!

Imaxe
    Comeza Teatrofilia 2026! Catro fins de semana de teatro amador do 6 ao 28 de marzo💖 VENRES 6 DE MARZO 21:30h “ Telémaco eskecido "  TP TÁBULA TEATRO (SANTIAGO DE COMPOSTELA) Nota: no cartaz aparece outra obra e grupo, pero debido por parte dese outro grupo tiveron que suspender a actuación, sería este o programado finalmente; desculpade as molestias. SÁBADO 7 DE MARZO 20:30h “Criaturas” TP GRUPO MUNICIPAL DE TEATRO DE RIBEIRA DOMINGO 8 DE MARZO 19:30h “As arteiras maneiras de María Volpona” +12 ESCOLA MUNICIPAL DE TEATRO DE MUXÍA VENRES 13 DE MARZO 21:30h CorRal PoliAfónica do Aturuxo de Melpómene* +16 O ATURUXO DE MELPÓMENE (NARÓN) SÁBADO 14 DE MARZO 20:30h “Microditea” +12 TEATRO DE CÁMARA DITEA (SANTIAGO DE COMPOSTELA) DOMINGO 15 DE MARZO 19:30h “Sombras na noite” TP CHUMPÁ TEATRO (CUNTIS)     VENRES 20 DE MARZO 21:30h “Herencia compartida” TP ORBALLANDO TEATRO (LALÍN) SÁBADO 21 DE MARZO 17:00h Tarde inf...

XA TEMOS CARTEL GAÑADOR DO XIX CONCURSO DE CARTEIS PARA ANUNCIAR TEATROFILIA 2026, FEITO POLA ESTRADENSE PATRICIA RIVEIRA LACEIRAS

Imaxe
  IMAXE CARTEL GAÑADOR DO CONCURSO DE CARTEIS "TEATROFILIA 2026" Despois da deliberación do xurado formado polos membros da Asociación Cultural Papaventos, reunido para valorar todas as propostas de carteis presentadas para anunciar a viséximo-primeira edición da Mostra de Teatro Amador de Vedra: Teatrofilia 2026, agrádanos anunciarvos que o deseño gañador foi o presentado por: Patricia Riveira Laceiras, veciña de Vea (A Estrada), natural de Bos Aires (Arxentina). Cun deseño feito a man e moi colorista, representando elementos como as máscaras características das artes escénicas cun estilo de fantasía, este cartel é o elixido para promocionar a nosa mostra de teatro amador Teatrofilia 2026. Parabéns, Patricia! ACCÉSIT INFANTIL E na categoría infantil do concurso, recae o accésit para a proposta do: 2º curso de Educación Primaria do CPI Plurilingüe de Vedra (A Coruña) . Noraboa! Queremos agradecer a todas as persoas que participaron no concurso, tanto  nen@s  como maior...