Programación Teatrofilia 2026!
Comeza Teatrofilia 2026: catro fins de semana de teatro amador, do 6 ao 28 de marzo💖
Aquí atoparás toda a información sobre Teatrofilia, a Mostra de Teatro Amador que cada primavera, dende o ano 2003, enche de teatro o municipio coruñés de Vedra. Tamén poderás coñecer as novidades da Asociación Cultural Papaventos, impulsora da mesma, e da súa compañía Andaravía Teatro.