Publicacións

Programación Teatrofilia 2026!

Imaxe
    Comeza Teatrofilia 2026! Catro fins de semana de teatro amador do 6 ao 28 de marzo💖 VENRES 6 DE MARZO 21:30h “ Telémaco eskecido "  TP TÁBULA TEATRO (SANTIAGO DE COMPOSTELA) Nota: no cartaz aparece outra obra e grupo debido a un cambio posterior á impresion; desculpade as molestias! SÁBADO 7 DE MARZO 20:30h “Criaturas” TP GRUPO MUNICIPAL DE TEATRO DE RIBEIRA DOMINGO 8 DE MARZO 19:30h “As arteiras maneiras de María Volpona” +12 ESCOLA MUNICIPAL DE TEATRO DE MUXÍA VENRES 13 DE MARZO 21:30h CorRal PoliAfónica do Aturuxo de Melpómene* +16 O ATURUXO DE MELPÓMENE (NARÓN) SÁBADO 14 DE MARZO 20:30h “Microditea” +12 TEATRO DE CÁMARA DITEA (SANTIAGO DE COMPOSTELA) DOMINGO 15 DE MARZO 19:30h “Sombras na noite” TP CHUMPÁ TEATRO (CUNTIS)     VENRES 20 DE MARZO 21:30h “Herencia compartida” TP ORBALLANDO TEATRO (LALÍN) SÁBADO 21 DE MARZO 17:00h Tarde infantil: “ As bonecas diabólicas...a historia continúa” XS PAPAVENTIÑXS ...

XA TEMOS CARTEL GAÑADOR DO XIX CONCURSO DE CARTEIS PARA ANUNCIAR TEATROFILIA 2026, FEITO POLA ESTRADENSE PATRICIA RIVEIRA LACEIRAS

Imaxe
  IMAXE CARTEL GAÑADOR DO CONCURSO DE CARTEIS "TEATROFILIA 2026" Despois da deliberación do xurado formado polos membros da Asociación Cultural Papaventos, reunido para valorar todas as propostas de carteis presentadas para anunciar a viséximo-primeira edición da Mostra de Teatro Amador de Vedra: Teatrofilia 2026, agrádanos anunciarvos que o deseño gañador foi o presentado por: Patricia Riveira Laceiras, veciña de Vea (A Estrada), natural de Bos Aires (Arxentina). Cun deseño feito a man e moi colorista, representando elementos como as máscaras características das artes escénicas cun estilo de fantasía, este cartel é o elixido para promocionar a nosa mostra de teatro amador Teatrofilia 2026. Parabéns, Patricia! ACCÉSIT INFANTIL E na categoría infantil do concurso, recae o accésit para a proposta do: 2º curso de Educación Primaria do CPI Plurilingüe de Vedra (A Coruña) . Noraboa! Queremos agradecer a todas as persoas que participaron no concurso, tanto  nen@s  como maior...

Xa podes presentarte ao concurso de carteis de Teatrofilia 2026!

Imaxe
  BASES DO XIX CONCURSO DE CARTEIS PARA ANUNCIAR  TEATROFILIA 2026  A  Asociación Cultural Papaventos  convoca o concurso de carteis para anunciar a  XXI Mostra de Teatro Amador de Vedra, Teatrofilia 2026,  que se celebrará no mes de marzo de 2026.

Volve Teatrofilia. Aquí a programación do 2025

Imaxe
Un ano máis, e xa van vinte, volve Teatrofilia, unha mostra de teatro amador que encherá Vedra de artes escénicas. Dende o 14 de marzo até o 5 de abril o Centro Sociocultural de Vedrá acollerá 13 representacións teatrais que mostran a diversidade e gran potencia do teatro amador do país. Aquí a programación, coa indicación coa recomendación dos públicos aos que van dirixidas cada unha das obras:  VENRES 14 DE MARZO 21:30h “ Paripé ” (TP)   de O Catre Teatro (As Pontes)* SÁBADO 15 DE MARZO 20:30 "Miles Gloriosus" (+12) de Teatro Muxicas (ONCE Ourense) (Visita táctil para público con discapacidade visual ás 20h) DOMINGO 16 DE MARZO 19:30h “ A visita”  (+16) do Grupo municipal de teatro de Ames VENRES 21 DE MARZO 21:30h “ Fraktal” (+12) de Ska-Rnio escénico (Rianxo) SÁBADO 22 DE MARZO 20:30h “ Sobre o mal que fai o tabaco”  (+12) de Escola municipal de artes escénicas da Estrada DOMINGO 23 DE MARZO 19:30h “ Nanai da China”  (Públic...

TERESA TATO CABALEIRO É A GAÑADORA DO XVIII CONCURSO DE CARTEIS PARA ANUNCIAR TEATROFILIA 2025!

Imaxe
IMAXE CARTEL GAÑADOR CONCURSO CARTEIS TEATROFILIA 2025 Despois da deliberación do xurado formado polos membros da Asociación Cultural Papaventos, reunido para valorar todas as propostas de carteis presentadas para anunciar a viséxima edición da Mostra de Teatro Amador de Vedra: Teatrofilia 2025, agrádanos anunciarvos que o deseño gañador foi o presentado por: Teresa Tato Cabaleiro , de San Miguel de Sarandón - Vedra (A Coruña) Coa imaxe limpa e diáfana dun monifate manexado dende unha man coas unllas pintadas coa cor vermella da paixón polas artes escénicas, este cartel é o escollido para difundir a nosa mostra de teatro amador Teatrofilia 2025, que se celebrará entre os meses de marzo e abril. ACCÉSIT INFANTIL E na categoría infantil do concurso, resultou gañadora do accésit a proposta de Lucía Castro Cabaleiro, da aldea de Ximonde - San Miguel de Sarandón - Vedra (A Coruña). Noraboa ! Aquí o cartel gañador do accésit infantil: Queremos agradecer  a participación de todas as...

XVIII CONCURSO DE CARTEIS PARA ANUNCIAR TEATROFILIA 2025

Imaxe
  BASES DO XVIII CONCURSO DE CARTEIS PARA ANUNCIAR TEATROFILIA  A Asociación Cultural Papaventos convoca o concurso de carteis para anunciar a XX Mostra de Teatro Amador de Vedra, Teatrofilia 2025 , que se celebrará nos meses de marzo e abril 2025. As bases do concurso son: 1. PARTICIPANTES • Poderán presentarse ao concurso todas aquelas persoas que o desexen, agás os membros da Asociación Cultural Papaventos e familiares directos. • Cada participante poderá presentar un máximo de dúas obras. 2. TEMA e CARACTERÍSTICAS TÉCNICAS • Os carteis teñen que versar preferentemente sobre algo relacionado co teatro. Non obstante, os participantes gozan de completa liberdade para escoller o tema. • Os/as creadores/as dos carteis que se presenten ao concurso serán responsables da orixe da obra e, se esta estivera inspirada nun traballo alleo, deberán dispoñer da autorización do seu autor/a. • O tamaño dos carteis debe ser formato A3 (297x420mm). • Poderán realizarse con calquera técnica...

TEMOS IMAXE GAÑADORA DO XVII CONCURSO DE CARTEIS PARA ANUNCIAR TEATROFILIA 2024!

Imaxe
D espois da deliberación do xurado formado polos membros da Asociación Cultural Papaventos, reun ido para valorar todas as propostas de carteis presentadas para anunciar a décimo novena edición da Mostra de Teatro Amador de Vedra, agrádanos anunciarvos que o deseño gañador foi o presentado por Rocío Carbia López , d e Bos Aires (Arxentina) . Parabéns! A imaxe d o escenario preparado para que comece a función é a escollida para dar publicidade a  Teatrofilia 2024! E na categoría infantil do concurso, resultou gañadora do accésit a proposta de  Martina Iglesias Cajaraville, de S. Pedro de Sarandón (Vedra) . Parabéns! Aquí o cartel gañador do accésit infantil: Queremos agradecer a todas as persoas participantes, nen@s e maiores, nesta XVII edición do concurso de carteis para anunciar Teatrofilia pola súa participación e, segundo vén especificado nas bases do mesmo , todas as propostas presentadas serán expostas ao público durante a próxima edición de Teatrofilia, q...

Aberto o prazo para o XVII Concurso de carteis de Teatrofilia 2024, ata o 22/12/2023

Imaxe
A Asociación Cultural Papaventos convoca unha nova edición do concurso de carteis para anunciar a XIX Mostra de Teatro Amador de Vedra Teatrofilia   que se celebrará no mes de marzo de 2024.   BASES DO CONCURSO   1. PARTICIPANTES • Poderán presentarse ao concurso todas aquelas persoas que o desexen, agás os membros da Asociación Cultural Papaventos e familiares directos. • Cada participante poderá presentar un máximo de dúas obras. 2. TEMA e CARACTERÍSTICAS TÉCNICAS • Os carteis teñen que versar preferentemente sobre algo relacionado co teatro. Non obstante, os participantes gozan de completa liberdade para escoller o tema. • Os/as creadores/as dos carteis que se presenten ao concurso serán responsables da orixe da obra e, se esta estivera inspirada nun traballo alleo, deberán dispoñer da autorización do seu autor/a. • O tamaño dos carteis debe ser formato A3 (297x420mm). • Poderán realizarse con calquera técnica (pictórica, fotográfica, informática, etc.). • No cartel fi...

TEATROFILIA 2023, do 10 de marzo ao 1 de abril no Centro Social de Vedra e no Pazo de Ortigueira (Santa Cruz de Ribadulla- Vedra)

Imaxe
 A programación de Teatrofilia 2023 xa está lista!
Imaxe
  E con moita emoción, temos a honra de presentarvos o novo deseño para a XIX Mostra de Teatro Amador de Vedra, TEATROFILIA 2023! As persoas que formamos parte da Asociación Cultural Papaventos reunímonos para valorar todas as propostas que recibimos ao abeiro do concurso que, como cada ano, lanzamos para atopar a que será a imaxe da próxima edición da Mostra de Teatro Amador de Vedra. Gañou o deseño presentado por María Isabel Currais Sendón, da Coruña. Parabéns! E o áccesit infantil gañouno Xiomara Neira Macías, de San Miguel de Sarandón, Vedra. Parabéns! Nas próximas semanas daremos a coñecer a programación da Mostra, que terá lugar entre o 10 de marzo e o 1 de abril do 2023 no Centro Social de Vedra.
Imaxe
  A Asociación Cultural Papaventos convoca o concurso de carteis para anunciar a  XIX Mostra de Teatro Amador de Vedra, Teatrofilia, que se celebrará no mes de  marzo de 2023.   As bases do concurso son: 1. PARTICIPANTES • Poderán presentarse ao concurso todas aquelas persoas que o desexen, agás os membros da Asociación Cultural Papaventos e familiares directos. • Cada participante poderá presentar un máximo de dúas obras. 2. TEMA e CARACTERÍSTICAS TÉCNICAS • Os carteis teñen que versar preferentemente sobre algo relacionado co teatro. Non obstante, os participantes gozan de completa liberdade para escoller o tema. • Os/as creadores/as dos carteis que se presenten ao concurso serán responsables da orixe da obra e, se esta estivera inspirada nun traballo alleo, deberán dispoñer da autorización do seu autor/a. • O tamaño dos carteis debe ser formato A3 (297x420mm). • Poderán realizarse con calquera técnica (pictórica, fotográfica, informática, etc.). • No cartel figura...

TEATROFILIA 2022

Imaxe
Despois de dous anos, volve Teatrofilia!! Descorremos o pano a modiño, coma os protagonistas do noso cartaz -recuperamos este deseño de Sara Incera, gañadora do concurso de carteis de Teatrofilia 2020- e convidámosvos a unha edición da Mostra cunha programación máis reducida do habitual pero moi xeitosa, que é posible grazas á colaboración  da  Deputación da Coruña , do  Concello de Vedra  e da Asociación Cultural Ullán.  Pasiño a pasiño, faise o camiño! Vémonos no teatro!

Gañadora do Concurso de Carteis Teatrofilia 2020

Imaxe
Bo día!  Xa temos cartaz para a próxima edición de Teatrofilia! O venres 17 os membros da Asociación Cultural Papaventos reunímonos para valorar todas as propostas que recibimos ao abeiro do concurso que, como cada ano, lanzamos para atopar a que será a imaxe da  Mostra de Teatro Amador de Vedra. Desta volta, resultou gañador  este deseño presentado por  Sara Incera Martín , de Santiago de Compostela.  Parabéns! Nas próximas semanas daremos a coñecer a programación da Mostra, que se vai celebrar entre o 13 de marzo e o 4 de abril.  Na categoría infantil foi seleccionado este cartel realizado conxuntamente por Blanca Albela Vaamonde, Clara Fariña Silvoso, Lois Barrios Rodríguez e Carlota García Ferrero, da Escola de San Miguel de Sarandón (CRA Boqueixón-Vedra "Neira Vilas").  Ademais, aproveitamos para lembrar que todas as persoas participantes no concurso serán agasalladas cun bono para asistir a todas as funcións d...

Concurso de carteis Teatrofilia 2020

Imaxe
A Asociación Cultural Papaventos convoca o  XV Concurso de Carteis  para seleccionar a imaxe da  XVII Mostra de Teatro Amador de Vedra - Teatrofilia,  que se vai celebrar entre os meses de marzo e abril de 2020. O concurso está aberto a artistas, deseñadores/as e creadores/as, en xeral, que queiran presentar as súas propostas. O prazo para facelo estará aberto ata o 9 de xaneiro de 2020 . Podedes consultar as bases do concurso a continuación: 1 - PARTICIPANTES • Poderán presentarse ao concurso todas  aquelas persoas que o desexen , agás os membros  da Asociación Cultural Papaventos e familiares directos. • Cada participante poderá presentar un  máximo de dúas obras . 2 - TEMA e CARACTERÍSTICAS TÉCNICAS • Os carteis teñen que  versar preferentemente sobre algo relacionado co teatro . Non obstante, os participantes gozan de completa liberdade para escoller o tema. • Os/as creadores/as dos carteis que se presen...