Publicacións

Extra, extra!!!

Imaxe
Para que vexades que ata en vacacións seguimos "ó pé do telón", diremos que, logo de rexeitar propostas de directores de Jolibú que querían dirixirnos a vindeira tempada, xa temos decidido quen será o novo colega e encargado de darnos as pautas para poñer a andar o próximo éxito papaventiano . A ver, por favor... Ese redoble de tambor... Chámase Xoan Curiel . É actor, hoxe en día está nos Quinquilláns, aínda que tamén dá cursos de teatro pola súa conta. Estudou en Barcelona moitas cousas vencelladas á arte teatral, dende expresión corporal a canto e voz. De feito, el tamén é cantautor. Guitarra en man, xa deu algún concertiño por Santiago, por exemplo, no Teatro Principal. E, segundo nos contou, está a piques de quitar un disco. Seguramente fixo moitas máis cousas das que agora mesmo non me lembro, porque non teño o seu curriculum aquí e, por mor das prácticas, cheguei tarde á primeira reunión que tivemos con el (ai, que desastriño de secretaria...). A s nosas primeiras impre...

Vacacións!!

O teatro tamén cansa. Necesitamos cargar as pilas para poñernos uns a enfrontarnos cos exames , outros a broncearse e outros a seguir traballando no seu, como de costume. Ademais, hai que ter en conta que ir de negro baixo 40º de calor... ;o) As actuacións teatrais chegaron á súa fin ata setembro, máis ou menos. Non obstante, aproveitaremos o periodo estival para ir pensando novas ideas que levar ás taboas. Logo do verán, volveremos case todos máis moreniños, pero con ganas de actuar renovadas. De tódolos xeitos, aquí podedes seguir escribindo (ou comezar a facelo, xD) cando vos pareza e sobre o que vos pete. Un saúdo moi agarimoso a todos!

Directamente nós

Hoxe fai catro anos que Papaventos fixo a súa primeira actuación na súa nova fase, coa súa nova formación. Era en Santa Cruz de Rivadulla (Vedra), ía moita calor, un sol inmenso veu á estrea de Directamente Nós, a retransmisión en directo da TVVE, a televizión de Vedra, a televizión que maiz ze ve!!! De man de Rita Carballo, esa presentadora que lucía roda no escenario, e de Pelaez, esa reporteira que sempre estaba onde se cocen as fabas, xurdía a maxia do teatro. Mister Smith, os nosos augardenteiros, os nosos marchosos, ata o cura, as concentracións e o Z non se podían perder o proxecto que Pepe Penabade fixera realidade, impulsado por Nande, o que naquel entón era o concellal de cultura. Hoxe, catro anos despois, non podemos deixar de facer un guiño ao día en que máis emoción sentimos probablemente na nosa vida, aínda que dese día só quedemos catro ou cinco. Permitídime evocar un dos momentos sen dúbida máis bonitos do día: todos e todas sentados ao borde do escenario, mirando a Pe...

Última actuación da tempada

Andaravía realizará por última vez na tempada Bicos. Será en Muros, ás 22,00 horas, este venres. Así que animámoste a que te achegues por alí. De todos modos non te preocupes, porque se quedas falt@ de "bicos", en outubro retomaremos a andaina, e de momento sabemos que os nosos beijinhos chegarán ata Matamá (Vigo), Milladoiro (Ames) e Noia. Pero de momento, xa sabes: venres 19 de maio, Muros, ás 22,00 horas.

No 17 de maio...

Feliz día das letras!!!

Luba TV

Imaxe
"LUBA TV pretende ser unha plataforma visual para que a mocidade poida presentar e difundir o seu traballo nos terreos da arte, o deporte, a música, a dramática, a danza e outras disciplinas. O programa parte como elemento central da liga universitaria de baloncesto, que se celebrará no pavillón de deportes do campus vigués, desde onde o presentador Raúl Piñeiro guiará o programa para enlazar logo coas distintas actividades artísticas que se amosen. Esta novidosa Liga, na que os equipos son mixtos, conta coa colaboración dos tres campus galegos e do portugués de Porto, iniciando así a primeira liga televisiva universitaria galego-portuguesa. O baloncesto serve a LUBA TV como reclamo para conectar coa mocidade galega, a través dun deporte dinámico que ten unha imaxe positiva. Como premio, o programa entregará ao equipo gañador unha viaxe a EE.UU. para asistir a un partido da NBA. Mergullando nas materias artísticas que toca o programa, a música apostará polos valores da cultura aut...

Teatrofilia III

Hai tres anos Teatrofilia era un soño. Un soño que se fixo alcanzable gracias á persoa que nos descubriu a paixón polas táboas. “Tres fins de semana de teatro afeccionado en Vedra, encargándonos nós de todo”. ¡Uf! Ambicioso... si... pero, ¿por que non intentalo? E fixémolo posible. O que era cousa de tolos para algúns, porque non lle vían futuro (“o teatro en Vedra non funciona”, “non vai arriba”, etc.) cumpriu estes días tres primaveras. Traballiño nos custou e nos costa todo o ano, que os grupos que veñen actuar non se pagan sós, non. Páganse con cartos da Asociación (que non ten ánimo de lucro) ou con intercambio de actuacións. E non só iso, senón que tamén corre á conta de Papaventos, coa axuda de Ullán (outra asociación cultural vedresa), o labor de armar a caixa negra, o son, a iluminación, etc. Por non falar da busca e captura de grupos de teatro que poidan actuar nas datas que escollemos para a mostra, e atendelos e... ¡Que vos imos contar...! ¿Podería ofrecer algo semellant...

Día mundial do teatro

Onte, en Teatrofilia, limos o manifesto que escribiu o dramaturgo mexicano Víctor Hugo Rascón para conmemorar esta xornada de reivindicación e homenaxe teatral. Velaquí algúns fragmentos: O teatro conmove, ilumina, incomoda, perturba, exalta, rebela, provoca, trasgrede. É unha conversa compartida coa sociedade. O teatro é a primeira das artes que se enfronta coa nada, coas sombras e co silenzo para que xurdan a palabra, o movemento, as luces e a vida. O teatro é un feito vivo que se consume a si mesmo mentras se produce, pero sempre renace das cinzas. É unha comunicación máxica na que cada persoa dá e recibe algo que a transforma. O teatro ten inimigos visibles, a ausencia de educación artística na nenez, que impide descubrilo e gozalo; a pobreza que invade ó mundo, alonxando ós espectadores das butacas e a indiferencia e o desprezo dos governos que deben promovelo. Polo que a nós respecta, todo segue vento en popa. Aínda que o tempo destes días parecía p...

Abriuse o telón

Éxito . De novo, esta é a palabra que mellor pode definir a primeira fin de semana de Teatrofilia III, aínda que poderiamos engadirlle "total y rotundo", como dirían en Jrelos Crest , dos nosos colegas de Ullán . En fin, que aínda que o tempo non acompañou, a xente si: a media de espectadores foi dunhas 200 persoas por día. Nada, nada mal se consideramos que, ás veces, se fan funcións -importantes e todo ¿eh?- para 10 persoas ou menos. Nós tamén podemos dar fe. Os cinco espectáculos teatrais que se representaron gozaron en xeral de boas críticas (digo en xeraaaaal, que para gustos, cores), aínda que non podemos negar que tanto a acollida de A picadura da galiña -dos futuros actores e actrices vedreses- como a de Bicos , a nosa obra, quizais foron máis calurosas que a de ningunha outra. Iso que a noite do sábado coincidiu con moitas outras cousas: que se cea dos Pepes, que se cea das Mulleres Rurais, excursións, etcétera. Así que a todos os que nos acompañastes, moitas graci...

Teatrofilia 2006

Imaxe
Ola! Aquí andamos os papaventos montando Teatrofilia 2006. Máis ou menos, xa está todo a punto. Velaí tedes a portada do noso díptico deste ano. Traemos un cartelazo!!! Espero que todos e todas vos pasedes por alí, porque ten moi pero que moi boa pinta.

Teatrofilia 2006

Xa está en marcha a preparación de Teatrofilia 2006. Dende o 17 de marzo ata o 8 de abril poderás disfrutar das mellores representacións de Teatro Afeccionado en Vedra. Máis novas próximamente.