Publicacións

Novas, novas, novas...

Un ano máis, A.C.Papaventos convoca o concurso de carteis para Teatrofilia. As bases están no post anterior e, se tedes algunha dúbida, podedes dirixirvos a nós mediante o correo electrónico, ac_papaventos@yahoo.com. Xa vedes que, aínda que faltan meses para a Mostra, xa temos que poñernos a traballar :) Ademais disto, temos outras cousas que contarvos! Andaravía gañou o 3º premio do concurso GzCrea, coa obra Metus Extremus !! Todos nos sentimos moi satisfeitos e sempre é bo compartir con vós o que nos pasa, sobre todo, se é positivo :). O próximo martes 16 iremos ao Teatro Principal de Santiago de Compostela á gala, e logo intentaremos colgar fotos. Por outra banda, coma sempre, nós seguimos traballando para poder ofrecervos máis cultura, máis entretemento, máis arte... máis teatro. Como este ano a familia aumentou, e xa case non cabemos no escenario nunha soa fila, tivemos que dividirnos en dous grupos Andaravía, e fixémolo en base ao horario que nos conviña para asistir ás clases ...

III edición concurso de carteis --- Teatrofilia VI

A Asociación Cultural Papaventos convoca un concurso de carteis para anunciar a VI Mostra de Teatro Amador de Vedra, Teatrofilia , que se celebrará en marzo do 2009. AS BASES DO CONCURSO SON: 1ª) PARTICIPANTES - Poderán presentarse ao concurso todas aquelas persoas que o desexen, sexan ou non veciños de Vedra, excepto os membros da Asociación Cultural Papaventos. - Un mesmo autor/a poderá presentar o número de carteis que desexe. 2ª) TEMA e CARACTERÍSTICAS TÉCNICAS - Os carteis teñen que versar preferentemente sobre algo relacionado co teatro, xa que o obxectivo é anunciar Teatrofilia , a Mostra de Teatro Amador de Vedra. Non obstante, os participantes gozan de completa liberdade para escoller o tema, sempre e cando promova a difusión de dita Mostra. - Os creadores dos carteis que se presenten ao concurso serán responsables da orixe da obra e, se esta estivera inspirada nun traballo alleo, deberán dispoñer da autorización do seu autor/a. - O tamaño dos carteis é libre, así com...
Imaxe
Hai cartel. Hai programa. Comeza a conta atrás!

Xa hai gañadora do concurso de carteis

En total foron 25 os carteis presentados ao certame, e podemos asegurar que non foi nada fácil realizar as votacións porque había moi boas propostas. Finalmente, o deseño gañador foi o de Aida Pérez Vázquez, de Boqueixón, cun cartel que en breve colgaremos na rede. Parabéns! Aos demais, moitísimas grazas por participar, e agardamos contar coas vosas xeniais ideas na vindeira edición. Recordade tamén que por participar, tedes dereito a un bono para toda a programación de Teatrofilia, e que poderedes recoller no concello de Vedra a semana previa ao festival ou na billeteira durante a súa celebración. E máis nada, seguimos traballando no tema. Apertas!

II edición do concurso de carteis

A Asociación Cultural Papaventos convoca un concurso de carteis para anunciar a V Mostra de Teatro Amador de Vedra, Teatrofilia, que se celebrará en abril do 2008 AS BASES DO CONCURSO SON: 1ª) PARTICIPANTES - Poderán presentarse ao concurso todas aquelas persoas que o desexen, sexan ou non veciños de Vedra, excepto os membros da Asociación Cultural Papaventos. - Un mesmo autor/a poderá presentar o número de carteis que desexe. 2ª) TEMA e CARACTERÍSTICAS TÉCNICAS - Os carteis teñen que versar preferentemente sobre algo relacionado co teatro, xa que o obxectivo é anunciar Teatrofilia, a Mostra de Teatro Amador de Vedra. Non obstante, os participantes gozan de completa liberdade para escoller o tema, sempre e cando promova a difusión de dita Mostra. - Os creadores dos carteis que se presenten ao concurso serán responsables da orixe da obra e, se esta estivera inspirada nun traballo alleo, deberán dispoñer da autorización do seu autor/a. - O tamaño dos carteis é libre, así como a técnica...

Teatrofilia 2007

Superada a resaca do éxito e o cansanzo dun intenso mes de esforzo. Aínda así, notamos que o mel non marchou dos nosos beizos. O balance deste ano de Teatrofilia, máis positivo ca nunca. IV mostra. Guau...! A xente non falla á súa cita e segue demandando un par de horiñas de teatro para se esqueceren do resto. Así nolo din, e nós, orgullosos. Este ano tamén nos apoiaron cando, medio broma, medio en serio, pedimos un auditorio. O aforo non sempre é suficiente e as sillas máis cómodas non chegan para todos. As nosas espectativas foron superadas pola realidade. Só un día de menos de 100 persoas. Os demais, 120 de media. 'Metus Extremus' logra encher o espazo ata o máximo. 288 entradas contabilizadas. Incrible. E moitos quedaron fóra. Por iso, decicimos que hai que repetir. E serán dous días: o 29 de abril e o 4 de maio. Confirmaremos horas cando as decidamos para que, se non puideches vernos, alomenos teñas dúas oportunidades máis. Teatrofilia rematou, pero nós seguimos traballand...

Amigo invisible

Imaxe
Estas fotos pertencen á última cea Papaventos. Foi na casa da excelente anfitriona María Munín. Alí repartimos os amigos e inimigos invisibles os nosos regalos. Aí vos queda unha mostra do que foi esa noite. Polo menos moi divertida. E saborosa.

Teatrofilia 2007

Imaxe
Xa hai gañador do I Concurso de Carteis para Teatrofilia. É Pablo González Múñiz, de Vigo. O cartaz xa o podes descargar da web, con toda a programación. Felicidades, Pablo! E a todos os que participastes, moitas grazas. Puxéstesnolo realmente difícil, con 21 carteis a concurso. Todo un éxito. Chamarémosvos nestes días para dicirvos onde podedes recoller os bonos por participar. Ademais, temos previsto organizar unha exposición cos carteis: auténticas obras de arte! Agardamos que vos animedes a participar para a vindeira edición, a quinta de Teatrofilia.

Concurso de carteis

O I Concurso de Carteis para Teatrofilia xa ten gañador! O traballo elexido pertence ao vigués Pablo González Muñiz e pronto poderedes velo pendurado coa programación de Teatrofilia IV. Os demais cartaces pensamos expoñelos en Teatrofilia IV, sempre e cando os seus autores nos dean permiso. Ante todo, queremos darvos as gracias a todos os que participastes. Estamos moi contentos ca aceptación que tivo o concurso, pois a pesar de ser a primeira vez que se organiza, recibimos un total de 21 traballos. Sabedes que todos os participantes tedes dereito a un bono para acudir á IV Mostra de Teatro Amador de Vedra, así que xa nos poremos en contacto convosco pronto. Un saúdo!!!

Feliz 2007!!

Papaventos deséxavos a todos un feliz aninovo! Á parte, lémbravos que aínda estades a tempo de participar no concurso de carteis para a vindeira edición de Teatrofilia, na que xa estamos a traballar. As bases están uns cantos post máis abaixo. Saúdos a tod@s!

Faltaranos ti, técnico ben cualificado

Imaxe
Ti a Mugardos e nós a Compostela . Traballo manda. Estrañarémoste moitísimo, Fonsinho, e sabes que nos lembraremos de ti ao escoitar "todas as mulleres se volven tolas por min", "padezo un proceso de descalcificación ósea" ou "tú lo que quieres es que me coma el tigre!". Iso si: da festa post-actuación ninguén te libra... ;) Máis bicos ca nunca
Imaxe

Andaravía no Principal

Imaxe
Pois si, xa temos data para o Principal . O día 7 de decembro ás 21h. estaremos o grupo de teatro Andaravía no Teatro Principal. Non caben excusas tipo "un xoves, que mal, ao día seguinte traballo", que é festivo. As entradas custarán 3 euros na billeteira, a metade se as encargades por adiantado, ben nos comentarios deste post ou se queres manter o anonimato blogueiro manda un correo a ac_papaventos@yahoo.es, porque se reservarían ao teu nome. De todos os xeitos, supoño que non se esgotarán as entradas (non movemos tanta xente como Tosar con Hamlet nin nada, pero aforras para a caña de despois). Ademais recoméndoche tamén os demais grupos que participan no Festival Agustín Magán, podes consultar as datas e horarios . E toda a información que precisa na páxina da Federación Galega de Teatro Afeccionado ( FEGATEA ). Avisad@ quedas: Andaravía Teatro , coa súa obra Bicos , no Teatro Principal . *Se queres entradas avisa a poder ser antes do xoves, 30 de novembro.

Andaravía en Brión

Imaxe
Esta semana, nova aparición dos Papaventos na prensa, esta vez en Tierras de Santiago , na nosa actuación en Brión. Para nós foi un verdadeiro luxo poder inaugurar a nova casa da cultura cun público tan acolledor e tan cálido. E dar as grazas a Alberte, que se ocupa de que os veciños e veciñas de Brión poidan gozar de teatro afeccionado no seu concello, dentro da ampla oferta cultural que programa.

Os éxitos de Andaravía

Imaxe
Así titula hoxe La Voz de Galicia: Os éxitos de Andaravía . É que ultimamente vivimos nunha nube: os nosos éxitos. Somos pequeniños, non temos detrás a ninguén que nos sustente, que manteña todo o que temos montado máis que a nosa ilusión, as gañas de soñar e o esforzo. E o apoio de todos vós, veciños e veciñas, amigos e amigas, que fomos atopando no camiño e que nos axudaron a chegar onde estamos agora e cos que agardamos seguir contando. En novembro de 2001, un feixe de rapaces comezaban a xogar a facer teatro. En decembro de 2006, actuarán no Teatro Principal de Santiago de Compostela. É incrible. Para nós, que o teatro constitúe unha paixón e unha liberación, chegar ao Principal é unha utopía. O 7 de decembro, os membros da compañía subiranse ao escenario máis importante de Galicia, e repartirán os seus Bicos con máis ilusión ca nunca. Debaixo, nas butacas, amigos, familia, coñecidos e futuros amigos, esperemos que nos acompañedes. Son os pequenos éxitos de Andaravía. Dende aquí, q...

I Concurso de carteis para Teatrofilia

A Asociación Cultural Papaventos convoca un concurso de carteis para anunciar a IV Mostra de Teatro Amador de Vedra, Teatrofilia, que se celebrará entre marzo e abril de 2007. AS BASES DO CONCURSO SON: 1ª) PARTICIPANTES - Poderán presentarse ao concurso todas aquelas persoas que o desexen, sexan ou non veciños de Vedra, excepto os membros da Asociación Cultural Papaventos. - Un mesmo autor/a poderá presentar o número de carteis que considere oportuno. 2ª) TEMA e CARACTERÍSTICAS TÉCNICAS - Os carteis teñen que versar preferentemente sobre algo relacionado co teatro, xa que o obxectivo é anunciar Teatrofilia, a Mostra de Teatro Amador de Vedra. Non obstante, os participantes gozan de completa liberdade para escoller o tema, sempre e cando promova a difusión de dita Mostra. - Os creadores dos carteis que se presenten ao concurso serán responsables da orixe da obra e, se esta estivera inspirada nun traballo alleo, deberán dispoñer da autorización do seu autor/a. - O tamaño dos carteis é l...

Noraboa, Sariegu!!!

Imaxe
Pronto se cumprirá un ano da viaxe de Papaventos a Asturies, concretamente, a Sariegu. Primeiro foron eles os que, grazas aos lazos de amizade con algúns do grupo (léase Hixi, por exemplo), se achegaron a coñecer Vedra traéndonos como presente a súa arte na danza e no teatro. Logo, tocounos a nós repartir 'Bicos' por esa encantadora vila, que este ano logrou o título de "pueblo ejemplar". Dende aquí, creo que todos os de Papaventos queremos darlle a noraboa aos sareganos que tan, tan, tan ben nos trataron tanto aquí como alá. A súa cordialidade e bo corazón tiveron premio, e dos oficiais. Tan pronto como Hixi nos deu a nova a nosa reacción foi aplaudir. Por algo será. Mañá moitos estaremos pendentes deles, a ver se os vemos na tele, jeje...

Unha curta que dará para longo

Imaxe
Os vínculos que o unen con Papaventos son os máis fortes. Os do amor e os da amizade. Quixo contar con nós para facer realidade unha historia que imaxinou, para darlle vida a uns personaxes que tiñan algo que contar. E alá fomos todos a poñernos diante da cámara e tentar dar o mellor de nós. Tierras de Santiago nomeouno hoxe personaxe destacado da semana xunto con outros seis veciños da comarca compostelá. Abelardo Rendo foi o noso director en 'As Farolas' , a curtametraxe que estivemos grabando as últimas dúas fins de semana. Dende aquí, queriamos agradecerlle que nos dera a oportunidade de aprender, de compartir e de coñecer. De aprender que non é tan fácil levar adiante un proxecto destas características senunpesoealoloco, que fai falta moita vontade e bondade por parte de todos e moita organización. Que todos somos imprescindibles e que o que de verdade importa é o traballo en equipo. De aprender que, aínda que pareza un tópico, o que graba a cámara e finalmente verá todo...

Teatro e Power pop

Imaxe
Para un cartaz chuliiiirmo no que aparecemos, van e poñen mal o nome do grupo. Pero que demo pasa? Isto xa se está a converter nunha costume. Que si algarabía, que si aldaravía, que si patatín, que si patatán. De verdade é tan difícil? ANDARAVÍA, AN-DA-RA-VÍ-A, A-N-D-A-R-A-V-Í-A. Por esta vez, perdonámosvos pero que sexa a última, eh?! Sabemos que somos un grupo pequeno (pero xeitoso) e que non gozamos de gran popularidade alén das nosas fronteitas vedresas pero é que nos doe no corazón. Non vou dramatizar máis e direivos que isto, aínda que certo, é unha excusa para lembrarvos que o vindeiro xoves, 5 de outubro, o Cactus celebra o seu primeiro aniversario e que poderedes vernos por alí facendo o que máis nos gusta... e non especifico. Tedes unha cita no lugar de Pite, parroquia de Lucí, concello de Teo (e ao que non chegue con tanta indicación xa lle vale) ás dez da noite. Compartimos "escenario" co grupo galego do momento, The Homens , que nos fará mover o esquelete a ritmo...

Última hora

Para min (Sara) a primeira clase de teatro deste curso foi moi satisfactoria. Atrévome a dicir que para os meus compañeiros tamén. Tivemos de todo: quentamento corporal, masaxes, xogos e improvisación. Tamén houbo moitas risas, bo rollo entre nós e con Xoan e ganas de pasalo ben. E hai deberes para a semana, claro. Dáme a min que este curso o imos pasar en grande e progresar neste mundo de telóns e focos. Xa teño ganas de que chegue o próximo mércores!! E un aviso: Papaventos vai organizar un concurso onde os que queiran poden presentar unha proposta de cartaz para a vindeira edición de Teatrofilia . De momento, no boletín do concello do mes de novembro sairá o aviso só porque aínda non decidimos cales van ser as bases, pero no seguinte número xa aparecerán (espero) e aquí tamén tan pronto como tomemos decisións. Se o tal "Gordon" nos deixa, claro. ;P