Andamos inmersos nos preparativos de TEATROFILIA 2018 e vimos de seleccionar a obra gañadora do XIII Concurso de Carteis para atopar a imaxe da Mostra de Teatro Amador de Vedra, que este ano celebrará a súa 15ª edición. Nesta ocasión, resultou gañador este deseño presentado por Teresa Saco Burgos, de Alcalá de Henares (Madrid), que recibirá un premio de 250 euros. Esta ilustradora, de orixe galega, xa fora a gañadora do concurso en 2016 e o seu traballo volve ser recoñecido nesta nova edición do certame. Parabéns!
Ademais, queremos anunciarvos que TEATROFILIA 2018 xa ten datas. A Mostra celebrarase os primeiros catro fins de semana de marzo (2, 3, 4, 9, 10, 11, 16, 17, 18, 23 e 24 de marzo). Moi pronto daremos a coñecer toda a programación desta edición, que coincidirá ademais coa celebración do 30º Aniversario da Asociación Cultural Papaventos. Podedes seguir todas as novidades a través do blog e da nosa páxina de Facebook: www.facebook.com/acpapaventos/
Un saúdo a todas e a todos!
Ningún comentario:
Publicar un comentario