Publicacións

Concurso de carteis para anunciar TEATROFILIA 2016

Imaxe
A Asociación Cultural Papaventos convoca o concurso de carteis para anunciar a XIII Mostra de Teatro Amador de Vedra , Teatrofilia , que se celebrará no mes de marzo de 2016. As bases do concurso son: 1 - PARTICIPANTES • Poderán presentarse ao concurso todas aquelas persoas que o desexen , agás os membros  da Asociación Cultural Papaventos e familiares directos. • Cada participante poderá presentar un máximo de dúas obras . 2 - TEMA e CARACTERÍSTICAS TÉCNICAS • Os carteis teñen que versar preferentemente sobre algo relacionado co teatro . Non obstante, os participantes gozan de completa liberdade para escoller o tema. • Os/as creadores/as dos carteis que se presenten ao concurso serán responsables da orixe da obra e, se esta estivera inspirada nun traballo alleo, deberán dispoñer da autorización do seu autor/a. • O tamaño dos carteis debe ser formato A3 (297x420mm). • Poderán realizarse con calquera técnica (pictórica, fotográfica, informática, etc.). • No car...

3,2,1... COMEZAMOS!

Imaxe
Este venres, 21 de marzo dará comezo TEATROFILIA da man dxs compañeirxs de Disfunción Continua de A Estrada, coa peza "Era outros tempos, ou non?". SINOPSE Cinco mulleres reúnense diante do público para recordar algúns dos episodios escolares que marcaron as súas vidas. A obra xoga entre dous planos temporais; o actual e mais aquel inesquencible curso de 1956-1957 nunha escola de nenas. Escena a escena imos coñecendo as clases de matemáticas, relixión, ximnasia, formación cívica, labores, economía doméstica e revivindo as ensinanzas nos valores propios da época. As alumnas buscan recursos para memorizar e evitar ser reprendidas polos mestres, fan unha visita escolar á emisora local e mesmo reciben a visita do inspector. Fontes: http://disfuncioncontinuateatro.blogspot.com.es/   A CULTURA RESISTE!

Programación Teatrofilia 2014

Imaxe
Bo día teatreiros/as!! Xa temos programación e cartaces recén chegadiños da imprenta. OLLO AO CAMBIO: O día 22 de marzo , trócase a función de Volta e Dálle pola peza "Visións dun Cego" de Teatro Atlántica de Matamá. A CULTURA RESISTE!

Gañadora do Concurso de Carteis Teatrofilia 2014

Imaxe
Queridos amigos teatreiros,  É un pracer para nós anunciarvos que este fermoso cartel presentado por  Andrea Valado (Ourense) resultou gañador do IX Concurso de carteis para anunciar a Mostra de Teatro Amador de Vedra, Teatrofilia 2014. O próximo 21 de marzo faráselle entrega do premio durante a inauguración da Mostra. Moitas grazas a todos por participar! Seguide atentos ao blog e ás nosas redes sociais xa que nos próximos días publicaremos toda a programación.

IX Concurso de Carteis de Teatrofilia

Imaxe
A Asociación Cultural Papaventos convoca o IX concurso de carteis para anunciar a XI Mostra de Teatro Amador de Vedra, Teatrofilia, que se celebrará no mes de marzo de 2014. As bases do concurso son:  1º) PARTICIPANTES - Poderán presentarse ao concurso todas aquelas persoas que o desexen, agás os membros da Asociación Cultural Papaventos e familiares directos. -Un mesmo autor/a poderá presentar o número de carteis que desexe.  2º) TEMA e CARACTERÍSTICAS TÉCNICAS -Os carteis teñen que versar preferentemente sobre algo relacionado co teatro. Non obstante, os participantes gozan de completa liberdade para escoller o tema.  - Os/as creadores/as dos carteis que se presenten ao concurso serán responsables da orixe da obra e, se esta estivera inspirada nun traballo alleo, deberán dispoñer da autorización do seu autor/a.  - O tamaño dos carteis é libre, así como a técnica empregada. -No cartel figurará rotulado:  Teatrofilia  XI Mostra ...

Cartel Teatrofilia 2013

Imaxe
Comprácenos moito presentarvos o cartel da X edición de Teatrofilia!! En 15 días levantamos o telón...contamos con vós para celebrar os 10 anos da mostra e os 25 da Asociación Cultural Papaventos! Bo teatro, boa compañía...que máis queres?

Teatrofilia 2013 xa ten cartel!

Como sabedes, o pasado día 12 de xaneiro, os Papaventos reunímonos como xurado para elixir a imaxe de Teatrofilia 2013. O cartel gañador resultou ser o realizado por Andrea Valado de Ourense. A categoría infantil quedou deserta ao non haber participantes. Moitas grazas a todos e todas as participantes: Amaya Méndez (Palencia), Fátima Limia (Vedra), Salomé Fdez. e Eloy Cambón (Compostela),Francisco Irigaray (Vitoria), Ádrian García, María Puertas (Ourense), Pilar Vaamonde (Cambados), Alejandra Pérez (A Coruña), Carlos Dopico, Carlos Mateo (Valladolid), Felipe Díaz\Caxoto (Viladesuso,Cervo), María Calvo e Rafael Rumbo (Culleredo), Isidro Cea, Raquel Ramos (Rianxo), Marisa Otero (Lestedo), María Pérez. Encantados de recibir as vosas propostas e ver tanta diversidade na procedencia das mesmas! Nunhas semanas poderedes ver o novo cartaz e a programación completa. Seguimos traballando!!

VIII Concurso de Carteis de Teatrofilia

Imaxe
Xa está aquí o VIII Concurso de Carteis para anunciar a X Mostra de Teatro Amador de Vedra, Teatrofilia, que se celebrará no mes de marzo de 2013. Aí vos deixamos as bases.  Animádevos a participar!!!   1º) PARTICIPANTES - Poderán presentarse ao concurso todas aquelas persoas que o desexen, agás os membros da Asociación Cultural Papaventos e familiares directos. -Un mesmo autor/a poderá presentar o número de carteis que desexe. 2º) TEMA e CARACTERÍSTICAS TÉCNICAS -Os carteis teñen que versar preferentemente sobre algo relacionado co teatro. Non obstante, os participantes gozan de completa liberdade para escoller o tema. - Os/as creadores/as dos carteis que se presenten ao concurso serán responsables da orixe da obra e, se esta estivera inspirada nun traballo alleo, deberán dispoñer da autorización do seu autor/a. - O tamaño dos carteis é libre, así como a técnica empregada. -No cartel figurará rotulado: Teatrofilia X Mostr...

Teatrofilia 2012

Imaxe
Xa está aquí unha nova edición de Teatrofilia 2012, e aquí deixamos o precioso cartel desta edición.

Gañadores do VI Concurso de Carteis de Teatrofilia 2012

Xa temos cartel para a vindeira edición de Teatrofilia!! Os autores, e polo tanto gañadores do concurso que convocamos, son Eloy Cambón García e Salomé Fernádez Liste (Santiago de Compostela). O accesit infantil é para tres rapaces do CPI "Antonio Orza Couto" de Forte (Boqueixón): Juan Manuel Taboada Barca, Raúl García Ferreiro e Brais Mujicas García. Noraboa a todos!! :)

Ladys e Gentlemen, con todos vostedes... a VIII edición de Teatrofilia!!

Imaxe
O autor é Álvaro Sanchez Casa, de Sevilla, gañador do Concurso de Carteis desta edición. Noraboa!! Xa falta menos para que comece a función!

V Concurso de carteis deTeatrofilia

A Asociación Cultural Papaventos convoca un concurso de carteis para anunciar a VIII Mostra de Teatro Amador de Vedra , Teatrofilia, que se celebrará nos meses de marzo e abril de 2011. AS BASES DO CONCURSO SON: 1º) PARTICIPANTES - Poderán presentarse ao concurso todas aquelas persoas que o desexen, sexan ou non veciños de Vedra, excepto os membros da Asociación Cultural Papaventos. - Un mesmo autor/a poderá presentar o número de carteis que desexe. 2º) TEMA e CARACTERÍSTICAS TÉCNICAS - Os carteis teñen que versar preferentemente sobre algo relacionado co teatro, xa que o obxectivo é anunciar Teatrofilia, a Mostra de Teatro Amador de Vedra. Non obstante, os participantes gozan de completa liberdade para escoller o tema, sempre e cando promova a difusión de dita Mostra. - Os creadores dos carteis que se presenten ao concurso serán responsables da orixe da obra e, se esta estivera inspirada nun traballo alleo, deberán dispoñer da autorización do seu autor/a. - O tamaño dos carteis é libr...

Teatrofilia 2010!

Imaxe

Veredicto do IV Concurso de Carteis de Teatrofilia

Xa temos gañadoras do concurso!! O cartel elixido para anunciar a VII Mostra de Teatro Amador de Vedra Teatrofilia está firmado polas artistas Aida Pérez e Marta Conde Domínguez, que recibirán o premio de 300 euros o primeiro día de Teatrofilia. Este ano presentáronse uns 18 traballos. A todos os autores, moitísimas grazas por participar e ánimo para as vindeiras edicións!! Non esquezades que vós tamén tedes un bono gratis para asistir a Teatrofilia, así que... preparádevos que xa chega! Estamos a traballar na organización desta nova edición da mostra teatral máis imporante de Vedra, comarca e arredores, así que estade atentos que pronto haberá novas... e pronto poderedes ver o cartel cheíño de propostas escénicas! Ata pronto e un saúdo. A.C. Papaventos

Ampliación do prazo do concurso de carteis

ATENCIÓN, ATENCIÓN! O prazo para presentar traballos ó IV Concurso de Carteis para anunciar a VII Mostra de Teatro Amador Teatrofilia amplíase ata o vindeiro 20 de xaneiro. Lembrade que podedes gañar 300 euros e que todos os participantes teredes un bono gratis para asistir ás funcións de Teatrofilia.

IV Concurso de Carteis para anunciar Teatrofilia 2010

Estas son as bases do IV Concurso de Carteis para anunciar a vindeira edición da mostra de teatro amador de Vedra: "Teatrofilia 2010". Fainos chegar a túa proposta e, se resultas gañador, conseguirás 300 euros. Anímate! AS BASES DO CONCURSO SON: 1ª) PARTICIPANTES - Poderán presentarse ao concurso todas aquelas persoas que o desexen, sexan ou non veciños de Vedra, excepto os membros da Asociación Cultural Papaventos. - Un mesmo autor/a poderá presentar o número de carteis que desexe. 2ª) TEMA e CARACTERÍSTICAS TÉCNICAS - Os carteis teñen que versar preferentemente sobre algo relacionado co teatro, xa que o obxectivo é anunciar Teatrofilia , a Mostra de Teatro Amador de Vedra. Non obstante, os participantes gozan de completa liberdade para escoller o tema, sempre e cando promova a difusión de dita Mostra. - Os creadores dos carteis que se presenten ao concurso serán responsables da orixe da obra e, se esta estivera inspirada nun traballo alleo, deberán dispoñer da autoriza...

CARTEL de TEATROFILIA 2009

A Asociación Cultural Papaventos decidiu declarar deserto o concurso de carteis deste ano, de acordo coas bases. Non obstante, estamos moi agradecidos a aqueles que participaron :). Finalmente, decidiuse que o cartel que anunciará a VI Teatrofilia vai ser o de Mar Delgado , de Granada, que presentara un fermoso traballo o ano pasado, que quedara fóra de prazo. Moi prontiño todos poderedes ver o que vos agarda en marzo e en abril, sobre o escenario da Casa da 3ª idade de Vedra... Non falta moito!! Un saúdo a todos e, unha vez máis, graciñas a todos.

ATENCIÓN; PROLÓNGASE O PRAZO DO CONCURSO DE CARTEIS

Ola a todos!! A A.C. Papaventos decidiu prolongar unha semana máis o prazo da recepción dos carteis do concurso para anunciar a vindeira edición de Teatrofilia . Deste modo, aqueles que o deixastes a medias, aos que se vos pasou o prazo, ou os que descubrades a existencia do concurso neste intre, tedes ata o próximo luns, 19 de xaneiro, para facernos chegar as vosas propostas, tal e como esixen as bases. Moito ánimo e sorte!!!

Feliz 2009

Os membros de Papaventos desexámosvos un moi moi feliz ano a todos, que veña cheo de saúde, ledicia, paz... e teatro!! Porque, ao final, sempre é necesario ter un pouquiño á man nesta vida... Lembrade que aínda tedes algúns días para enviar as vosas propostas de carteis para a vindeira edición de Teatrofilia!! Ata pronto!!

Novas, novas, novas...

Un ano máis, A.C.Papaventos convoca o concurso de carteis para Teatrofilia. As bases están no post anterior e, se tedes algunha dúbida, podedes dirixirvos a nós mediante o correo electrónico, ac_papaventos@yahoo.com. Xa vedes que, aínda que faltan meses para a Mostra, xa temos que poñernos a traballar :) Ademais disto, temos outras cousas que contarvos! Andaravía gañou o 3º premio do concurso GzCrea, coa obra Metus Extremus !! Todos nos sentimos moi satisfeitos e sempre é bo compartir con vós o que nos pasa, sobre todo, se é positivo :). O próximo martes 16 iremos ao Teatro Principal de Santiago de Compostela á gala, e logo intentaremos colgar fotos. Por outra banda, coma sempre, nós seguimos traballando para poder ofrecervos máis cultura, máis entretemento, máis arte... máis teatro. Como este ano a familia aumentou, e xa case non cabemos no escenario nunha soa fila, tivemos que dividirnos en dous grupos Andaravía, e fixémolo en base ao horario que nos conviña para asistir ás clases ...