Publicacións

Gañadora do Concurso de Carteis Teatrofilia 2020

Imaxe
Bo día!  Xa temos cartaz para a próxima edición de Teatrofilia! O venres 17 os membros da Asociación Cultural Papaventos reunímonos para valorar todas as propostas que recibimos ao abeiro do concurso que, como cada ano, lanzamos para atopar a que será a imaxe da  Mostra de Teatro Amador de Vedra. Desta volta, resultou gañador  este deseño presentado por  Sara Incera Martín , de Santiago de Compostela.  Parabéns! Nas próximas semanas daremos a coñecer a programación da Mostra, que se vai celebrar entre o 13 de marzo e o 4 de abril.  Na categoría infantil foi seleccionado este cartel realizado conxuntamente por Blanca Albela Vaamonde, Clara Fariña Silvoso, Lois Barrios Rodríguez e Carlota García Ferrero, da Escola de San Miguel de Sarandón (CRA Boqueixón-Vedra "Neira Vilas").  Ademais, aproveitamos para lembrar que todas as persoas participantes no concurso serán agasalladas cun bono para asistir a todas as funcións d...

Concurso de carteis Teatrofilia 2020

Imaxe
A Asociación Cultural Papaventos convoca o  XV Concurso de Carteis  para seleccionar a imaxe da  XVII Mostra de Teatro Amador de Vedra - Teatrofilia,  que se vai celebrar entre os meses de marzo e abril de 2020. O concurso está aberto a artistas, deseñadores/as e creadores/as, en xeral, que queiran presentar as súas propostas. O prazo para facelo estará aberto ata o 9 de xaneiro de 2020 . Podedes consultar as bases do concurso a continuación: 1 - PARTICIPANTES • Poderán presentarse ao concurso todas  aquelas persoas que o desexen , agás os membros  da Asociación Cultural Papaventos e familiares directos. • Cada participante poderá presentar un  máximo de dúas obras . 2 - TEMA e CARACTERÍSTICAS TÉCNICAS • Os carteis teñen que  versar preferentemente sobre algo relacionado co teatro . Non obstante, os participantes gozan de completa liberdade para escoller o tema. • Os/as creadores/as dos carteis que se presen...

Gañadoras do Concurso de Carteis Teatrofilia 2019

Imaxe
Ola!  Estamos de volta no blog para anunciarvos que xa  temos cartaz para a próxima edición de Teatrofilia ! Os membros da Asociación Cultural Papaventos reuníronse o venres para valorar todas as propostas recibidas ao abeiro do XIV Concurso de carteis para anunciar Teatrofilia 2019 e decidiron premiar  este deseño presentado por  Olaya Naveira Souto , de Ordes. O próximo día 22 de marzo farémoslle entrega do premio de 250€ durante a inauguración da que será a XVI  Mostra de Teatro Amador de Vedra .   Cartel Teatrofilia 2019 O accésit ao mellor cartel infantil foi outorgado ex aequo a  Dafne Teresa Vilar Nodar e a   Antía Valle Ledesma , ambas as dúas de 7 anos e alumnas da escola de San Miguel de Sarandón (CRA Boqueixón-Vedra).  Parabéns!! Dafne Teresa Vilar Nodar Antía Valle Ledesma Ademais, aproveitamos para lembrar que todas as persoas participantes no concurso serán agasalladas cun bono para asisti...

Velaí vén TEATROFILIA 2018!!!

Imaxe
Compañías de teatro de toda Galicia daranse cita a partir deste venres na XV Mostra de Teatro Amador de Vedra – Teatrofilia 2018 , organizada pola Asociación Cultural Papaventos, que nesta edición recibe tamén a visita dunha agrupación portuguesa. A programación inclúe catorce representacións de teatro afeccionado e un espectáculo profesional, que poderán verse todos os venres, sábados e domingos, do 2 ao 24 de marzo , no Centro Social de Vedra. As propostas abarcan diferentes xéneros e estilos —dende o teatro visual baseado no xesto e no movemento ata a comedia musical, pasando polo teatro de sombras ou o teatro de rúa—, conformando unha programación que amosa a evolución constante do teatro amador galego procedente non só do tecido asociativo, senón tamén do ámbito escolar e universitario. As entradas para cada un dos espectáculos poderán adquirirse a 3 euros o mesmo día da función no Centro Social de Vedra e os espectadores terán tamén a opción de facerse cun bono para toda a Most...

Gañadora do Concurso de Carteis Teatrofilia 2018

Imaxe
Ola teatreiras e teatreiros! Andamos inmersos nos preparativos de TEATROFILIA 2018 e vimos de seleccionar a obra gañadora do XIII Concurso de Carteis para atopar a imaxe da Mostra de Teatro Amador de Vedra, que este ano celebrará a súa 15ª edición. Nesta ocasión, resultou gañador este deseño presentado por Teresa Saco Burgos, de Alcalá de Henares (Madrid), que recibirá un premio de 250 euros. Esta ilustradora, de orixe galega, xa fora a gañadora do concurso en 2016 e o seu traballo volve ser recoñecido nesta nova edición do certame. Parabéns! Tamén repite como gañadora do accésit infantil, Claudia Dorelle Alvela, de 8 anos e natural de San Miguel de Sarandón (Vedra), que xa conquistara ao xurado en 2016. A súa obra titulada “A maxia do teatro”, fascinou aos membros do xurado, formado polos integrantes da asociación.  Ademais, queremos anunciarvos que TEATROFILIA 2018 xa ten datas. A Mostra celebrarase os primeiros catro fins de semana de marzo (2, 3, 4, 9, 10, 11, 16,...

Concurso de carteis para a anunciar TEATROFILIA 2018

Imaxe
A Asociación Cultural Papaventos convoca o XIII Concurso de Carteis para seleccionar a imaxe que representará a XV Mostra de Teatro Amador de Vedra - Teatrofilia 2018. O concurso está aberto a artistas, deseñadores e creadores que queiran presentar as súas propostas. O prazo para facelo estará aberto ata o 10 de xaneiro de 2018. Podedes consultar as bases do concurso a continuación: 1 - PARTICIPANTES • Poderán presentarse ao concurso todas  aquelas persoas que o desexen , agás os membros  da Asociación Cultural Papaventos e familiares directos. • Cada participante poderá presentar un  máximo de dúas obras . 2 - TEMA e CARACTERÍSTICAS TÉCNICAS • Os carteis teñen que  versar preferentemente sobre algo relacionado co teatro . Non obstante, os participantes gozan de completa liberdade para escoller o tema. • Os/as creadores/as dos carteis que se presenten ao concurso  serán responsables da orixe da obra  e, se est...

Programación de Teatrofilia 2017

Imaxe
Xa podedes consultar as datas e horarios de todas as funcións e actividades da XIV Mostra de Teatro Amador de Vedra - Teatrofilia 2017 , que se vai desenvolver durante catro fins de semana, do 17 de marzo ao 8 de abril. Vémonos no teatro! VENRES 17 DE MARZO 21:15 h "Frío" Farrapo Teatro (Santiago de Compostela) +7 SÁBADO 18 DE MARZO 21:15 h "O de menos é o nome" Agrupación Teatral Mariñán (Betanzos) TP DOMINGO 19 DE MARZO 16:30 h "Benvido, Sr. Ilustrado!" -   Visita teatralizada aos xardíns do Pazo de Ortigueira* Andaravía Teatro (Vedra)* TP 19:15 h "Noiteboa" Redrum Teatro (Vedra) +12 VENRES 24 DE MARZO 21:15 h "Pánico!" Farandoleiras Cabaré (Oleiros) +14 SÁBADO 25 DE MARZO 21:15 h Radioteatro "Unha historia case real" Grupo de teatro de maiores do Centro Social de Vedra "A vaquiña" Andaravía Teatro (Vedra) TP DOMINGO 26 DE MARZO 19:15 h "Des-enlace"  TikTak Teatro (Sa...

Gañador do Concurso de Carteis Teatrofilia 2017

Imaxe
Bo día, teatreiros/as!! Pasiño a pasiño imos facendo camiño e xa temos gañador do c oncurso de carteis para anunciar Teatroflia 2017!! O  domingo 22 de xaneiro os membros da A. C. Papaventos reunímonos en Vedra para valorar todos os traballos recibidos ao abeiro deste certame que organizamos dende hai xa doce anos para atopar a que será a imaxe da Mostra de Teatro Amador de Vedra. Nesta ocasión recibimos 18 propostas e  foi a obra presentada por  Rubén Lucas García ( Murcia) a que resultou gañadora desta edición. Parabéns! Por outra parte, o cartel gañador do accésit infantil é obra de  Lola Valle Ledesma  (7 anos), alumna da Escola de Sarandón (CRA Boqueixón-Vedra). Noraboa artista! Moitísimas gracias a todas e a todos por participar! Nós seguiremos traballando nas semanas vindeiras para pechar o antes posible a programación de Teafrofilia 2017, que como xa vos contamos, se vai celebrar entre os meses de marzo e abril. Este ano temos mo...

Concurso de carteis para a anunciar TEATROFILIA 2017

Imaxe
Vimos de darlle a benvida ao outono pero en Vedra xa estamos pensando na primavera. Comezamos a descontar os días que quedan para TEATROFILIA 2017 e facémolo cunha convocatoria que marca o inicio desta conta atrás: a do XII Concurso de Carteis para seleccionar a imaxe da  XIV Mostra de Teatro Amador de Vedra ,  Teatrofilia , que se celebrará entre os meses de marzo e abril de 2017. O concurso está aberto a artistas, deseñadores e creadores do mundo enteiro, o que quere dicir que calquera persoa que o desexe pode participar presentando a súa proposta antes do vindeiro 10 de xaneiro.  Podedes consultar as bases do concurso a continuación: 1 - PARTICIPANTES • Poderán presentarse ao concurso todas  aquelas persoas que o desexen , agás os membros  da Asociación Cultural Papaventos e familiares directos. • Cada participante poderá presentar un  máximo de dúas obras . 2 - TEMA e CARACTERÍSTICAS TÉCNICAS • Os carteis teñen que  versar preferen...

Programación de Teatrofilia 2016

Imaxe
Teatrofilia chega á súa décimo terceira edición e como os Papaventos non cremos nas supersticións, estivemos traballando un ano máis con moita ilusión para ofrecervos unha programación que agardamos vos entusiasme tanto como a nós. Xa podedes consultar as datas e horarios de todas as funcións e actividades que se desenvolverán durante os tres primeiros fins de semana do mes de marzo en Vedra. Vémonos moi pronto! VENRES 4 DE MARZO 21.15 h   Memorias dun neno labrego   (TP) Cándido Pazó (San Xián de Sales, Vedra) SÁBADO 5 DE MARZO 19.15 h   A boticaria   (TP) Tira e afloxa (San Pedro de Vilanova, Vedra)  21.15 h   Maniféstate!  (TP) Andaravía Teatro (Vedra)  DOMINGO 6 DE MARZO 19.15 h   O velorio de Antón Carballo (+14) Escola Municipal de Teatro de Muxía  VENRES 11 DE MARZO 21.15 h   Chou mas go on! (+14) Axóuxere Teatro (Oleiros)  SÁBADO 12 DE MARZO 17.00 h   L...