Publicacións

Mostrando publicacións desta data: novembro, 2006

Andaravía no Principal

Imaxe
Pois si, xa temos data para o Principal . O día 7 de decembro ás 21h. estaremos o grupo de teatro Andaravía no Teatro Principal. Non caben excusas tipo "un xoves, que mal, ao día seguinte traballo", que é festivo. As entradas custarán 3 euros na billeteira, a metade se as encargades por adiantado, ben nos comentarios deste post ou se queres manter o anonimato blogueiro manda un correo a ac_papaventos@yahoo.es, porque se reservarían ao teu nome. De todos os xeitos, supoño que non se esgotarán as entradas (non movemos tanta xente como Tosar con Hamlet nin nada, pero aforras para a caña de despois). Ademais recoméndoche tamén os demais grupos que participan no Festival Agustín Magán, podes consultar as datas e horarios . E toda a información que precisa na páxina da Federación Galega de Teatro Afeccionado ( FEGATEA ). Avisad@ quedas: Andaravía Teatro , coa súa obra Bicos , no Teatro Principal . *Se queres entradas avisa a poder ser antes do xoves, 30 de novembro.

Andaravía en Brión

Imaxe
Esta semana, nova aparición dos Papaventos na prensa, esta vez en Tierras de Santiago , na nosa actuación en Brión. Para nós foi un verdadeiro luxo poder inaugurar a nova casa da cultura cun público tan acolledor e tan cálido. E dar as grazas a Alberte, que se ocupa de que os veciños e veciñas de Brión poidan gozar de teatro afeccionado no seu concello, dentro da ampla oferta cultural que programa.

Os éxitos de Andaravía

Imaxe
Así titula hoxe La Voz de Galicia: Os éxitos de Andaravía . É que ultimamente vivimos nunha nube: os nosos éxitos. Somos pequeniños, non temos detrás a ninguén que nos sustente, que manteña todo o que temos montado máis que a nosa ilusión, as gañas de soñar e o esforzo. E o apoio de todos vós, veciños e veciñas, amigos e amigas, que fomos atopando no camiño e que nos axudaron a chegar onde estamos agora e cos que agardamos seguir contando. En novembro de 2001, un feixe de rapaces comezaban a xogar a facer teatro. En decembro de 2006, actuarán no Teatro Principal de Santiago de Compostela. É incrible. Para nós, que o teatro constitúe unha paixón e unha liberación, chegar ao Principal é unha utopía. O 7 de decembro, os membros da compañía subiranse ao escenario máis importante de Galicia, e repartirán os seus Bicos con máis ilusión ca nunca. Debaixo, nas butacas, amigos, familia, coñecidos e futuros amigos, esperemos que nos acompañedes. Son os pequenos éxitos de Andaravía. Dende aquí, q...