10 de mar. de 2022

TEATROFILIA 2022

Despois de dous anos, volve Teatrofilia!! Descorremos o pano a modiño, coma os protagonistas do noso cartaz -recuperamos este deseño de Sara Incera, gañadora do concurso de carteis de Teatrofilia 2020- e convidámosvos a unha edición da Mostra cunha programación máis reducida do habitual pero moi xeitosa, que é posible grazas á colaboración da Deputación da Coruña, do Concello de Vedra e da Asociación Cultural Ullán. Pasiño a pasiño, faise o camiño! Vémonos no teatro!