22 de xan. de 2024

TEMOS IMAXE GAÑADORA DO XVII CONCURSO DE CARTEIS PARA ANUNCIAR TEATROFILIA 2024!

Despois da deliberación do xurado formado polos membros da Asociación Cultural Papaventos, reunido para valorar todas as propostas de carteis presentadas para anunciar a décimo novena edición da Mostra de Teatro Amador de Vedra, agrádanos anunciarvos que o deseño gañador foi o presentado por

Rocío Carbia López, de Bos Aires (Arxentina). Parabéns!

A imaxe do escenario preparado para que comece a función é a escollida para dar publicidade a Teatrofilia 2024!



E na categoría infantil do concurso, resultou gañadora do accésit a proposta de 

Martina Iglesias Cajaraville, de S. Pedro de Sarandón (Vedra). Parabéns!

Aquí o cartel gañador do accésit infantil:


Queremos agradecer a todas as persoas participantes, nen@s e maiores, nesta XVII edición do concurso de carteis para anunciar Teatrofilia pola súa participación e, segundo vén especificado nas bases do mesmo, todas as propostas presentadas serán expostas ao público durante a próxima edición de Teatrofilia, que se celebrará nas fins de semana entre o 1 e o 23 de marzo deste ano.

Queda pouco xa para difundir a programación completa da mostra, estade atent@s!