25 feb. 2007

Amigo invisible

Estas fotos pertencen á última cea Papaventos. Foi na casa da excelente anfitriona María Munín. Alí repartimos os amigos e inimigos invisibles os nosos regalos. Aí vos queda unha mostra do que foi esa noite. Polo menos moi divertida. E saborosa.



















21 feb. 2007

Teatrofilia 2007



Xa hai gañador do I Concurso de Carteis para Teatrofilia.
É Pablo González Múñiz, de Vigo.
O cartaz xa o podes descargar da web, con toda a programación. Felicidades, Pablo!
E a todos os que participastes, moitas grazas. Puxéstesnolo realmente difícil, con 21 carteis a concurso. Todo un éxito. Chamarémosvos nestes días para dicirvos onde podedes recoller os bonos por participar. Ademais, temos previsto organizar unha exposición cos carteis: auténticas obras de arte!
Agardamos que vos animedes a participar para a vindeira edición, a quinta de Teatrofilia.

20 feb. 2007

Concurso de carteis

O I Concurso de Carteis para Teatrofilia xa ten gañador! O traballo elexido pertence ao vigués Pablo González Muñiz e pronto poderedes velo pendurado coa programación de Teatrofilia IV.
Os demais cartaces pensamos expoñelos en Teatrofilia IV, sempre e cando os seus autores nos dean permiso.

Ante todo, queremos darvos as gracias a todos os que participastes. Estamos moi contentos ca aceptación que tivo o concurso, pois a pesar de ser a primeira vez que se organiza, recibimos un total de 21 traballos. Sabedes que todos os participantes tedes dereito a un bono para acudir á IV Mostra de Teatro Amador de Vedra, así que xa nos poremos en contacto convosco pronto.

Un saúdo!!!