Amigo invisible

Estas fotos pertencen á última cea Papaventos. Foi na casa da excelente anfitriona María Munín. Alí repartimos os amigos e inimigos invisibles os nosos regalos. Aí vos queda unha mostra do que foi esa noite. Polo menos moi divertida. E saborosa.



















Comentarios

Anónimo dixo…
Este sábado por fin puiden vervos en acción. Logo de coñecervos o ano pasado na última función do Teatrofilia, tiña moitas ganas de vervos sobre o escenario e o sábado por fin me coincidiu estar en Vedra un día no que actuábades. Gustáronme moito os Bicos! Hai xa anos que fixen durante algún tempo bastante teatro afeccionado, e paréceme que o que estades facendo vós é de primeira categoría, tanto como grupo teatral como ao organizar un festival tan bo como o que tedes en marzo. Moitos ánimos e a seguir así!
Anónimo dixo…
Gracias Moisés; dá realmente ánimo ler opinións como estas, que te animan a seguir por ese camiño. Alégrome moito de termos conseguido o ambicioso obxectivo de que o pasaras ben. Canto ao cartel, eu tamén teño moitas ganas de ver a outros teatreiros amadores e profesionais actuar en Vedra, e de disfrutar desta verdadeira festa do teatro.

Publicacións populares deste blog

Volve Teatrofilia. Aquí a programación do 2025