25 ene. 2013

Teatrofilia 2013 xa ten cartel!

Como sabedes, o pasado día 12 de xaneiro, os Papaventos reunímonos como xurado para elixir a imaxe de Teatrofilia 2013. O cartel gañador resultou ser o realizado por Andrea Valado de Ourense. A categoría infantil quedou deserta ao non haber participantes.

Moitas grazas a todos e todas as participantes: Amaya Méndez (Palencia), Fátima Limia (Vedra), Salomé Fdez. e Eloy Cambón (Compostela),Francisco Irigaray (Vitoria), Ádrian García, María Puertas (Ourense), Pilar Vaamonde (Cambados), Alejandra Pérez (A Coruña), Carlos Dopico, Carlos Mateo (Valladolid), Felipe Díaz\Caxoto (Viladesuso,Cervo), María Calvo e Rafael Rumbo (Culleredo), Isidro Cea, Raquel Ramos (Rianxo), Marisa Otero (Lestedo), María Pérez.

Encantados de recibir as vosas propostas e ver tanta diversidade na procedencia das mesmas!

Nunhas semanas poderedes ver o novo cartaz e a programación completa.



Seguimos traballando!!