15 de dec. de 2022

 

Concurso carteis Teatrofilia 2023

A Asociación Cultural Papaventos convoca o concurso de carteis para anunciar a XIX Mostra de Teatro Amador de Vedra, Teatrofilia, que se celebrará no mes de marzo de 2023. 

As bases do concurso son:

1. PARTICIPANTES

• Poderán presentarse ao concurso todas aquelas persoas que o desexen, agás os membros da Asociación Cultural Papaventos e familiares directos.

• Cada participante poderá presentar un máximo de dúas obras.

2. TEMA e CARACTERÍSTICAS TÉCNICAS

• Os carteis teñen que versar preferentemente sobre algo relacionado co teatro. Non obstante, os participantes gozan de completa liberdade para escoller o tema.

• Os/as creadores/as dos carteis que se presenten ao concurso serán responsables da orixe da obra e, se esta estivera inspirada nun traballo alleo, deberán dispoñer da autorización do seu autor/a.

• O tamaño dos carteis debe ser formato A3 (297x420mm).

• Poderán realizarse con calquera técnica (pictórica, fotográfica, informática, etc.).

• No cartel figurará rotulado: Teatrofilia XIX Mostra de Teatro Amador de Vedra

• É obrigatorio empregar a tipografía “Alba” para a palabra Teatrofilia. Esta pódese descargar no seguinte enderezo web: http://www.fontreactor.com/

• Deberase ter en conta que nalgún lugar do cartel irá a programación da mostra así coma os logotipos das entidades que fan posible Teatrofilia.

• O xurado deste concurso valorará a orixinalidade dos carteis, así como a súa eficacia comunicativa e o impacto e a calidade do deseño.

3. PRESENTACIÓN

• A data límite para a presentación de carteis é o 13 de xaneiro de 2023.

• En ningún caso o cartel deberá ir identificado co nome do autor/a nin con

pseudónimo.

• Os participantes deberán presentar unha copia do seu traballo en tamaño folio. Dita copia e a identificación (nome e apelidos, número de teléfono e correo electrónico, data de nacemento no caso de ser participante do accésit infantil) do autor/a ten que presentarse nun sobre pechado. Sería desexable, aínda que non imprescindible, unha copia do traballo en soporte dixital.

• Os sobres pechados xunto cos carteis poderanse presentar ata o 13 de xaneiro de 2023 (inclusive) na Casa do Concello de Vedra ou a través de correo postal:

Asociación Cultural Papaventos

Rúa da Boca, nº 9 CP 15885, Vedra (A Coruña)

• Tanto nos sobres enviados por correo postal como nos presentados na Casa do Concello de Vedra deberá figurar na parte exterior o asunto:

XVI Concurso de Carteis Teatrofilia 2023

4. PREMIOS

• O autor/a do cartel gañador será premiado con 300 euros.

• Cada participante deste concurso será obsequiado cun bono para a vindeira edición de Teatrofilia que poderán recoller na súa billeteira.

• Do mesmo xeito, concederase un premio accésit ao mellor cartel infantil (3-12 anos).

5. XURADO

• O xurado estará formado polos membros da Asociación Cultural Papaventos.

• A Asociación Cultural Papaventos resérvase o dereito de declarar deserto o premio no caso de que ningún cartel acade os requisitos demandados.

• O veredicto do xurado darase a coñecer nos 15 días seguintes á finalización do prazo de entrega a través da páxina web do Concello de Vedra, no boletín informativo do Concello, redes sociais (Facebook) e no blog de Papaventos (www.asociacionpapaventos.blogspot.com).

• O veredicto do xurado será inapelable.

6. TRABALLOS PREMIADOS

• O cartel que resulte elixido para anunciar a XIX edición de Teatrofilia cederá todos os

dereitos sobre o seu uso, adaptación e explotación á Asociación Cultural Papaventos, que

o empregará en formato dixital e impreso para difundir dita edición de Teatrofilia.

• Tanto o premio do cartel gañador como o accésit infantil serán entregados aos seus

autores/as o día da inauguración de Teatrofilia.

7. TRABALLOS NON PREMIADOS

• Todos os traballos serán expostos durante a mostra. Aqueles autores/as que desexen recoller a obra dispoñen dun prazo de 15 días depois do remate da XIX edición de Teatrofilia.

8. PUBLICIDADE

• Os sucesivos anuncios e novas sobre este concurso de carteis serán publicados

en www.asociacionpapaventos.blogspot.com e na páxina web do Concello de Vedra.

9 - NORMA FINAL

• Os concursantes, pola súa mera presentación, aceptan integramente as bases

deste concurso.

Datos de contacto:

Asociación Cultural Papaventos - Andaravía Teatro

Rúa da Boca, nº 9 CP 15885, Vedra A Coruña

ac_papaventos@yahoo.es

www.asociacionpapaventos.blogspot.com

Tfnos.: 626937587 / 686181861


Pódense descargar estas bases no seguinte enlace: https://drive.google.com/file/d/1ewTW-i-le-9AUgc9o_gsPYzoPeQNnySy/view?usp=sharing