TEMOS IMAXE GAÑADORA DO XVII CONCURSO DE CARTEIS PARA ANUNCIAR TEATROFILIA 2024!
Despois
da deliberación do
xurado formado polos membros da
Asociación Cultural Papaventos, reunido
para valorar
todas as propostas de
carteis presentadas
para
anunciar
a
décimo
novena
edición da Mostra
de Teatro Amador de Vedra, agrádanos
anunciarvos que o
deseño gañador foi o
presentado por
Rocío
Carbia López,
de
Bos Aires (Arxentina).
Parabéns!
A
imaxe do
escenario preparado para que
comece a función é a escollida para dar publicidade a Teatrofilia 2024!
E na categoría infantil do concurso, resultou gañadora do accésit a proposta de
Martina Iglesias Cajaraville, de S. Pedro de Sarandón (Vedra). Parabéns!
Aquí o cartel gañador do accésit infantil:
Queremos agradecer a todas as persoas participantes, nen@s e maiores, nesta XVII edición do concurso de carteis para anunciar Teatrofilia pola súa participación e, segundo vén especificado nas bases do mesmo, todas as propostas presentadas serán expostas ao público durante a próxima edición de Teatrofilia, que se celebrará nas fins de semana entre o 1 e o 23 de marzo deste ano.
Queda pouco xa para difundir a programación completa da mostra, estade atent@s!


Comentarios