Publicacións

Mostrando publicacións desta data: 2008

Novas, novas, novas...

Un ano máis, A.C.Papaventos convoca o concurso de carteis para Teatrofilia. As bases están no post anterior e, se tedes algunha dúbida, podedes dirixirvos a nós mediante o correo electrónico, ac_papaventos@yahoo.com. Xa vedes que, aínda que faltan meses para a Mostra, xa temos que poñernos a traballar :) Ademais disto, temos outras cousas que contarvos! Andaravía gañou o 3º premio do concurso GzCrea, coa obra Metus Extremus !! Todos nos sentimos moi satisfeitos e sempre é bo compartir con vós o que nos pasa, sobre todo, se é positivo :). O próximo martes 16 iremos ao Teatro Principal de Santiago de Compostela á gala, e logo intentaremos colgar fotos. Por outra banda, coma sempre, nós seguimos traballando para poder ofrecervos máis cultura, máis entretemento, máis arte... máis teatro. Como este ano a familia aumentou, e xa case non cabemos no escenario nunha soa fila, tivemos que dividirnos en dous grupos Andaravía, e fixémolo en base ao horario que nos conviña para asistir ás clases ...

III edición concurso de carteis --- Teatrofilia VI

A Asociación Cultural Papaventos convoca un concurso de carteis para anunciar a VI Mostra de Teatro Amador de Vedra, Teatrofilia , que se celebrará en marzo do 2009. AS BASES DO CONCURSO SON: 1ª) PARTICIPANTES - Poderán presentarse ao concurso todas aquelas persoas que o desexen, sexan ou non veciños de Vedra, excepto os membros da Asociación Cultural Papaventos. - Un mesmo autor/a poderá presentar o número de carteis que desexe. 2ª) TEMA e CARACTERÍSTICAS TÉCNICAS - Os carteis teñen que versar preferentemente sobre algo relacionado co teatro, xa que o obxectivo é anunciar Teatrofilia , a Mostra de Teatro Amador de Vedra. Non obstante, os participantes gozan de completa liberdade para escoller o tema, sempre e cando promova a difusión de dita Mostra. - Os creadores dos carteis que se presenten ao concurso serán responsables da orixe da obra e, se esta estivera inspirada nun traballo alleo, deberán dispoñer da autorización do seu autor/a. - O tamaño dos carteis é libre, así com...
Imaxe
Hai cartel. Hai programa. Comeza a conta atrás!

Xa hai gañadora do concurso de carteis

En total foron 25 os carteis presentados ao certame, e podemos asegurar que non foi nada fácil realizar as votacións porque había moi boas propostas. Finalmente, o deseño gañador foi o de Aida Pérez Vázquez, de Boqueixón, cun cartel que en breve colgaremos na rede. Parabéns! Aos demais, moitísimas grazas por participar, e agardamos contar coas vosas xeniais ideas na vindeira edición. Recordade tamén que por participar, tedes dereito a un bono para toda a programación de Teatrofilia, e que poderedes recoller no concello de Vedra a semana previa ao festival ou na billeteira durante a súa celebración. E máis nada, seguimos traballando no tema. Apertas!