IV Concurso de Carteis para anunciar Teatrofilia 2010
Estas son as bases do IV Concurso de Carteis para anunciar a vindeira edición da mostra de teatro amador de Vedra: "Teatrofilia 2010". Fainos chegar a túa proposta e, se resultas gañador, conseguirás 300 euros. Anímate! AS BASES DO CONCURSO SON: 1ª) PARTICIPANTES - Poderán presentarse ao concurso todas aquelas persoas que o desexen, sexan ou non veciños de Vedra, excepto os membros da Asociación Cultural Papaventos. - Un mesmo autor/a poderá presentar o número de carteis que desexe. 2ª) TEMA e CARACTERÍSTICAS TÉCNICAS - Os carteis teñen que versar preferentemente sobre algo relacionado co teatro, xa que o obxectivo é anunciar Teatrofilia , a Mostra de Teatro Amador de Vedra. Non obstante, os participantes gozan de completa liberdade para escoller o tema, sempre e cando promova a difusión de dita Mostra. - Os creadores dos carteis que se presenten ao concurso serán responsables da orixe da obra e, se esta estivera inspirada nun traballo alleo, deberán dispoñer da autoriza...