Publicacións

Mostrando publicacións desta data: novembro, 2012

VIII Concurso de Carteis de Teatrofilia

Imaxe
Xa está aquí o VIII Concurso de Carteis para anunciar a X Mostra de Teatro Amador de Vedra, Teatrofilia, que se celebrará no mes de marzo de 2013. Aí vos deixamos as bases.  Animádevos a participar!!!   1º) PARTICIPANTES - Poderán presentarse ao concurso todas aquelas persoas que o desexen, agás os membros da Asociación Cultural Papaventos e familiares directos. -Un mesmo autor/a poderá presentar o número de carteis que desexe. 2º) TEMA e CARACTERÍSTICAS TÉCNICAS -Os carteis teñen que versar preferentemente sobre algo relacionado co teatro. Non obstante, os participantes gozan de completa liberdade para escoller o tema. - Os/as creadores/as dos carteis que se presenten ao concurso serán responsables da orixe da obra e, se esta estivera inspirada nun traballo alleo, deberán dispoñer da autorización do seu autor/a. - O tamaño dos carteis é libre, así como a técnica empregada. -No cartel figurará rotulado: Teatrofilia X Mostr...