Publicacións

Mostrando publicacións desta data: 2013

IX Concurso de Carteis de Teatrofilia

Imaxe
A Asociación Cultural Papaventos convoca o IX concurso de carteis para anunciar a XI Mostra de Teatro Amador de Vedra, Teatrofilia, que se celebrará no mes de marzo de 2014. As bases do concurso son:  1º) PARTICIPANTES - Poderán presentarse ao concurso todas aquelas persoas que o desexen, agás os membros da Asociación Cultural Papaventos e familiares directos. -Un mesmo autor/a poderá presentar o número de carteis que desexe.  2º) TEMA e CARACTERÍSTICAS TÉCNICAS -Os carteis teñen que versar preferentemente sobre algo relacionado co teatro. Non obstante, os participantes gozan de completa liberdade para escoller o tema.  - Os/as creadores/as dos carteis que se presenten ao concurso serán responsables da orixe da obra e, se esta estivera inspirada nun traballo alleo, deberán dispoñer da autorización do seu autor/a.  - O tamaño dos carteis é libre, así como a técnica empregada. -No cartel figurará rotulado:  Teatrofilia  XI Mostra ...

Cartel Teatrofilia 2013

Imaxe
Comprácenos moito presentarvos o cartel da X edición de Teatrofilia!! En 15 días levantamos o telón...contamos con vós para celebrar os 10 anos da mostra e os 25 da Asociación Cultural Papaventos! Bo teatro, boa compañía...que máis queres?

Teatrofilia 2013 xa ten cartel!

Como sabedes, o pasado día 12 de xaneiro, os Papaventos reunímonos como xurado para elixir a imaxe de Teatrofilia 2013. O cartel gañador resultou ser o realizado por Andrea Valado de Ourense. A categoría infantil quedou deserta ao non haber participantes. Moitas grazas a todos e todas as participantes: Amaya Méndez (Palencia), Fátima Limia (Vedra), Salomé Fdez. e Eloy Cambón (Compostela),Francisco Irigaray (Vitoria), Ádrian García, María Puertas (Ourense), Pilar Vaamonde (Cambados), Alejandra Pérez (A Coruña), Carlos Dopico, Carlos Mateo (Valladolid), Felipe Díaz\Caxoto (Viladesuso,Cervo), María Calvo e Rafael Rumbo (Culleredo), Isidro Cea, Raquel Ramos (Rianxo), Marisa Otero (Lestedo), María Pérez. Encantados de recibir as vosas propostas e ver tanta diversidade na procedencia das mesmas! Nunhas semanas poderedes ver o novo cartaz e a programación completa. Seguimos traballando!!