Publicacións

Mostrando publicacións desta data: decembro, 2013

IX Concurso de Carteis de Teatrofilia

Imaxe
A Asociación Cultural Papaventos convoca o IX concurso de carteis para anunciar a XI Mostra de Teatro Amador de Vedra, Teatrofilia, que se celebrará no mes de marzo de 2014. As bases do concurso son:  1º) PARTICIPANTES - Poderán presentarse ao concurso todas aquelas persoas que o desexen, agás os membros da Asociación Cultural Papaventos e familiares directos. -Un mesmo autor/a poderá presentar o número de carteis que desexe.  2º) TEMA e CARACTERÍSTICAS TÉCNICAS -Os carteis teñen que versar preferentemente sobre algo relacionado co teatro. Non obstante, os participantes gozan de completa liberdade para escoller o tema.  - Os/as creadores/as dos carteis que se presenten ao concurso serán responsables da orixe da obra e, se esta estivera inspirada nun traballo alleo, deberán dispoñer da autorización do seu autor/a.  - O tamaño dos carteis é libre, así como a técnica empregada. -No cartel figurará rotulado:  Teatrofilia  XI Mostra ...