Publicacións

Mostrando publicacións desta data: 2016

Concurso de carteis para a anunciar TEATROFILIA 2017

Imaxe
Vimos de darlle a benvida ao outono pero en Vedra xa estamos pensando na primavera. Comezamos a descontar os días que quedan para TEATROFILIA 2017 e facémolo cunha convocatoria que marca o inicio desta conta atrás: a do XII Concurso de Carteis para seleccionar a imaxe da  XIV Mostra de Teatro Amador de Vedra ,  Teatrofilia , que se celebrará entre os meses de marzo e abril de 2017. O concurso está aberto a artistas, deseñadores e creadores do mundo enteiro, o que quere dicir que calquera persoa que o desexe pode participar presentando a súa proposta antes do vindeiro 10 de xaneiro.  Podedes consultar as bases do concurso a continuación: 1 - PARTICIPANTES • Poderán presentarse ao concurso todas  aquelas persoas que o desexen , agás os membros  da Asociación Cultural Papaventos e familiares directos. • Cada participante poderá presentar un  máximo de dúas obras . 2 - TEMA e CARACTERÍSTICAS TÉCNICAS • Os carteis teñen que  versar preferen...

Programación de Teatrofilia 2016

Imaxe
Teatrofilia chega á súa décimo terceira edición e como os Papaventos non cremos nas supersticións, estivemos traballando un ano máis con moita ilusión para ofrecervos unha programación que agardamos vos entusiasme tanto como a nós. Xa podedes consultar as datas e horarios de todas as funcións e actividades que se desenvolverán durante os tres primeiros fins de semana do mes de marzo en Vedra. Vémonos moi pronto! VENRES 4 DE MARZO 21.15 h   Memorias dun neno labrego   (TP) Cándido Pazó (San Xián de Sales, Vedra) SÁBADO 5 DE MARZO 19.15 h   A boticaria   (TP) Tira e afloxa (San Pedro de Vilanova, Vedra)  21.15 h   Maniféstate!  (TP) Andaravía Teatro (Vedra)  DOMINGO 6 DE MARZO 19.15 h   O velorio de Antón Carballo (+14) Escola Municipal de Teatro de Muxía  VENRES 11 DE MARZO 21.15 h   Chou mas go on! (+14) Axóuxere Teatro (Oleiros)  SÁBADO 12 DE MARZO 17.00 h   L...

Gañadora do Concurso de Carteis Teatrofilia 2016

Imaxe
Ola a todos e todas!  Hoxe traemos boas novas. Xa temos cartaz para a próxima edición de Teatrofilia! Onte á tarde os membros da Asociación Cultural Papaventos reunímonos para valorar todas as propostas que recibimos ao abeiro do concurso que, como cada ano, lanzamos para atopar a que será a imaxe da  Mostra de Teatro Amador de Vedra.  Despois de moito deliberar e da votación correspondente resultou elixido gañador este deseño presentado por Teresa Saco Burgos , de Alcalá de Henares (Madrid). Agora toca enchelo con toda a programación que estamos preparando para o noso público. Moi pronto publicaremos toda a información pero xa vos adiantamos que v an ser tres intensos fins de semana de puro teatro! Como sabedes, tamén premiamos cun accésit ao mellor cartaz infatil, que nesta ocasión recaeu na obra de Claudia Dorelle Alvela , de 6 anos e natural de San Miguel de Sarandón: Moitas grazas a todos por participar e parabéns ás gañadoras!