Publicacións

Mostrando publicacións desta data: xaneiro, 2016

Gañadora do Concurso de Carteis Teatrofilia 2016

Imaxe
Ola a todos e todas!  Hoxe traemos boas novas. Xa temos cartaz para a próxima edición de Teatrofilia! Onte á tarde os membros da Asociación Cultural Papaventos reunímonos para valorar todas as propostas que recibimos ao abeiro do concurso que, como cada ano, lanzamos para atopar a que será a imaxe da  Mostra de Teatro Amador de Vedra.  Despois de moito deliberar e da votación correspondente resultou elixido gañador este deseño presentado por Teresa Saco Burgos , de Alcalá de Henares (Madrid). Agora toca enchelo con toda a programación que estamos preparando para o noso público. Moi pronto publicaremos toda a información pero xa vos adiantamos que v an ser tres intensos fins de semana de puro teatro! Como sabedes, tamén premiamos cun accésit ao mellor cartaz infatil, que nesta ocasión recaeu na obra de Claudia Dorelle Alvela , de 6 anos e natural de San Miguel de Sarandón: Moitas grazas a todos por participar e parabéns ás gañadoras!