Publicacións

Mostrando publicacións desta data: 2017

Concurso de carteis para a anunciar TEATROFILIA 2018

Imaxe
A Asociación Cultural Papaventos convoca o XIII Concurso de Carteis para seleccionar a imaxe que representará a XV Mostra de Teatro Amador de Vedra - Teatrofilia 2018. O concurso está aberto a artistas, deseñadores e creadores que queiran presentar as súas propostas. O prazo para facelo estará aberto ata o 10 de xaneiro de 2018. Podedes consultar as bases do concurso a continuación: 1 - PARTICIPANTES • Poderán presentarse ao concurso todas  aquelas persoas que o desexen , agás os membros  da Asociación Cultural Papaventos e familiares directos. • Cada participante poderá presentar un  máximo de dúas obras . 2 - TEMA e CARACTERÍSTICAS TÉCNICAS • Os carteis teñen que  versar preferentemente sobre algo relacionado co teatro . Non obstante, os participantes gozan de completa liberdade para escoller o tema. • Os/as creadores/as dos carteis que se presenten ao concurso  serán responsables da orixe da obra  e, se est...

Programación de Teatrofilia 2017

Imaxe
Xa podedes consultar as datas e horarios de todas as funcións e actividades da XIV Mostra de Teatro Amador de Vedra - Teatrofilia 2017 , que se vai desenvolver durante catro fins de semana, do 17 de marzo ao 8 de abril. Vémonos no teatro! VENRES 17 DE MARZO 21:15 h "Frío" Farrapo Teatro (Santiago de Compostela) +7 SÁBADO 18 DE MARZO 21:15 h "O de menos é o nome" Agrupación Teatral Mariñán (Betanzos) TP DOMINGO 19 DE MARZO 16:30 h "Benvido, Sr. Ilustrado!" -   Visita teatralizada aos xardíns do Pazo de Ortigueira* Andaravía Teatro (Vedra)* TP 19:15 h "Noiteboa" Redrum Teatro (Vedra) +12 VENRES 24 DE MARZO 21:15 h "Pánico!" Farandoleiras Cabaré (Oleiros) +14 SÁBADO 25 DE MARZO 21:15 h Radioteatro "Unha historia case real" Grupo de teatro de maiores do Centro Social de Vedra "A vaquiña" Andaravía Teatro (Vedra) TP DOMINGO 26 DE MARZO 19:15 h "Des-enlace"  TikTak Teatro (Sa...

Gañador do Concurso de Carteis Teatrofilia 2017

Imaxe
Bo día, teatreiros/as!! Pasiño a pasiño imos facendo camiño e xa temos gañador do c oncurso de carteis para anunciar Teatroflia 2017!! O  domingo 22 de xaneiro os membros da A. C. Papaventos reunímonos en Vedra para valorar todos os traballos recibidos ao abeiro deste certame que organizamos dende hai xa doce anos para atopar a que será a imaxe da Mostra de Teatro Amador de Vedra. Nesta ocasión recibimos 18 propostas e  foi a obra presentada por  Rubén Lucas García ( Murcia) a que resultou gañadora desta edición. Parabéns! Por outra parte, o cartel gañador do accésit infantil é obra de  Lola Valle Ledesma  (7 anos), alumna da Escola de Sarandón (CRA Boqueixón-Vedra). Noraboa artista! Moitísimas gracias a todas e a todos por participar! Nós seguiremos traballando nas semanas vindeiras para pechar o antes posible a programación de Teafrofilia 2017, que como xa vos contamos, se vai celebrar entre os meses de marzo e abril. Este ano temos mo...