Publicacións

Mostrando publicacións desta data: 2018

Velaí vén TEATROFILIA 2018!!!

Imaxe
Compañías de teatro de toda Galicia daranse cita a partir deste venres na XV Mostra de Teatro Amador de Vedra – Teatrofilia 2018 , organizada pola Asociación Cultural Papaventos, que nesta edición recibe tamén a visita dunha agrupación portuguesa. A programación inclúe catorce representacións de teatro afeccionado e un espectáculo profesional, que poderán verse todos os venres, sábados e domingos, do 2 ao 24 de marzo , no Centro Social de Vedra. As propostas abarcan diferentes xéneros e estilos —dende o teatro visual baseado no xesto e no movemento ata a comedia musical, pasando polo teatro de sombras ou o teatro de rúa—, conformando unha programación que amosa a evolución constante do teatro amador galego procedente non só do tecido asociativo, senón tamén do ámbito escolar e universitario. As entradas para cada un dos espectáculos poderán adquirirse a 3 euros o mesmo día da función no Centro Social de Vedra e os espectadores terán tamén a opción de facerse cun bono para toda a Most...

Gañadora do Concurso de Carteis Teatrofilia 2018

Imaxe
Ola teatreiras e teatreiros! Andamos inmersos nos preparativos de TEATROFILIA 2018 e vimos de seleccionar a obra gañadora do XIII Concurso de Carteis para atopar a imaxe da Mostra de Teatro Amador de Vedra, que este ano celebrará a súa 15ª edición. Nesta ocasión, resultou gañador este deseño presentado por Teresa Saco Burgos, de Alcalá de Henares (Madrid), que recibirá un premio de 250 euros. Esta ilustradora, de orixe galega, xa fora a gañadora do concurso en 2016 e o seu traballo volve ser recoñecido nesta nova edición do certame. Parabéns! Tamén repite como gañadora do accésit infantil, Claudia Dorelle Alvela, de 8 anos e natural de San Miguel de Sarandón (Vedra), que xa conquistara ao xurado en 2016. A súa obra titulada “A maxia do teatro”, fascinou aos membros do xurado, formado polos integrantes da asociación.  Ademais, queremos anunciarvos que TEATROFILIA 2018 xa ten datas. A Mostra celebrarase os primeiros catro fins de semana de marzo (2, 3, 4, 9, 10, 11, 16,...