Publicacións

Mostrando publicacións desta data: 2022
Imaxe
  A Asociación Cultural Papaventos convoca o concurso de carteis para anunciar a  XIX Mostra de Teatro Amador de Vedra, Teatrofilia, que se celebrará no mes de  marzo de 2023.   As bases do concurso son: 1. PARTICIPANTES • Poderán presentarse ao concurso todas aquelas persoas que o desexen, agás os membros da Asociación Cultural Papaventos e familiares directos. • Cada participante poderá presentar un máximo de dúas obras. 2. TEMA e CARACTERÍSTICAS TÉCNICAS • Os carteis teñen que versar preferentemente sobre algo relacionado co teatro. Non obstante, os participantes gozan de completa liberdade para escoller o tema. • Os/as creadores/as dos carteis que se presenten ao concurso serán responsables da orixe da obra e, se esta estivera inspirada nun traballo alleo, deberán dispoñer da autorización do seu autor/a. • O tamaño dos carteis debe ser formato A3 (297x420mm). • Poderán realizarse con calquera técnica (pictórica, fotográfica, informática, etc.). • No cartel figura...

TEATROFILIA 2022

Imaxe
Despois de dous anos, volve Teatrofilia!! Descorremos o pano a modiño, coma os protagonistas do noso cartaz -recuperamos este deseño de Sara Incera, gañadora do concurso de carteis de Teatrofilia 2020- e convidámosvos a unha edición da Mostra cunha programación máis reducida do habitual pero moi xeitosa, que é posible grazas á colaboración  da  Deputación da Coruña , do  Concello de Vedra  e da Asociación Cultural Ullán.  Pasiño a pasiño, faise o camiño! Vémonos no teatro!