Publicacións

Mostrando publicacións desta data: 2023

Aberto o prazo para o XVII Concurso de carteis de Teatrofilia 2024, ata o 22/12/2023

Imaxe
A Asociación Cultural Papaventos convoca unha nova edición do concurso de carteis para anunciar a XIX Mostra de Teatro Amador de Vedra Teatrofilia   que se celebrará no mes de marzo de 2024.   BASES DO CONCURSO   1. PARTICIPANTES • Poderán presentarse ao concurso todas aquelas persoas que o desexen, agás os membros da Asociación Cultural Papaventos e familiares directos. • Cada participante poderá presentar un máximo de dúas obras. 2. TEMA e CARACTERÍSTICAS TÉCNICAS • Os carteis teñen que versar preferentemente sobre algo relacionado co teatro. Non obstante, os participantes gozan de completa liberdade para escoller o tema. • Os/as creadores/as dos carteis que se presenten ao concurso serán responsables da orixe da obra e, se esta estivera inspirada nun traballo alleo, deberán dispoñer da autorización do seu autor/a. • O tamaño dos carteis debe ser formato A3 (297x420mm). • Poderán realizarse con calquera técnica (pictórica, fotográfica, informática, etc.). • No cartel fi...

TEATROFILIA 2023, do 10 de marzo ao 1 de abril no Centro Social de Vedra e no Pazo de Ortigueira (Santa Cruz de Ribadulla- Vedra)

Imaxe
 A programación de Teatrofilia 2023 xa está lista!
Imaxe
  E con moita emoción, temos a honra de presentarvos o novo deseño para a XIX Mostra de Teatro Amador de Vedra, TEATROFILIA 2023! As persoas que formamos parte da Asociación Cultural Papaventos reunímonos para valorar todas as propostas que recibimos ao abeiro do concurso que, como cada ano, lanzamos para atopar a que será a imaxe da próxima edición da Mostra de Teatro Amador de Vedra. Gañou o deseño presentado por María Isabel Currais Sendón, da Coruña. Parabéns! E o áccesit infantil gañouno Xiomara Neira Macías, de San Miguel de Sarandón, Vedra. Parabéns! Nas próximas semanas daremos a coñecer a programación da Mostra, que terá lugar entre o 10 de marzo e o 1 de abril do 2023 no Centro Social de Vedra.