Publicacións

Concurso de carteis para a anunciar TEATROFILIA 2017

Imaxe
Vimos de darlle a benvida ao outono pero en Vedra xa estamos pensando na primavera. Comezamos a descontar os días que quedan para TEATROFILIA 2017 e facémolo cunha convocatoria que marca o inicio desta conta atrás: a do XII Concurso de Carteis para seleccionar a imaxe da  XIV Mostra de Teatro Amador de Vedra ,  Teatrofilia , que se celebrará entre os meses de marzo e abril de 2017. O concurso está aberto a artistas, deseñadores e creadores do mundo enteiro, o que quere dicir que calquera persoa que o desexe pode participar presentando a súa proposta antes do vindeiro 10 de xaneiro.  Podedes consultar as bases do concurso a continuación: 1 - PARTICIPANTES • Poderán presentarse ao concurso todas  aquelas persoas que o desexen , agás os membros  da Asociación Cultural Papaventos e familiares directos. • Cada participante poderá presentar un  máximo de dúas obras . 2 - TEMA e CARACTERÍSTICAS TÉCNICAS • Os carteis teñen que  versar preferen...

Programación de Teatrofilia 2016

Imaxe
Teatrofilia chega á súa décimo terceira edición e como os Papaventos non cremos nas supersticións, estivemos traballando un ano máis con moita ilusión para ofrecervos unha programación que agardamos vos entusiasme tanto como a nós. Xa podedes consultar as datas e horarios de todas as funcións e actividades que se desenvolverán durante os tres primeiros fins de semana do mes de marzo en Vedra. Vémonos moi pronto! VENRES 4 DE MARZO 21.15 h   Memorias dun neno labrego   (TP) Cándido Pazó (San Xián de Sales, Vedra) SÁBADO 5 DE MARZO 19.15 h   A boticaria   (TP) Tira e afloxa (San Pedro de Vilanova, Vedra)  21.15 h   Maniféstate!  (TP) Andaravía Teatro (Vedra)  DOMINGO 6 DE MARZO 19.15 h   O velorio de Antón Carballo (+14) Escola Municipal de Teatro de Muxía  VENRES 11 DE MARZO 21.15 h   Chou mas go on! (+14) Axóuxere Teatro (Oleiros)  SÁBADO 12 DE MARZO 17.00 h   L...

Gañadora do Concurso de Carteis Teatrofilia 2016

Imaxe
Ola a todos e todas!  Hoxe traemos boas novas. Xa temos cartaz para a próxima edición de Teatrofilia! Onte á tarde os membros da Asociación Cultural Papaventos reunímonos para valorar todas as propostas que recibimos ao abeiro do concurso que, como cada ano, lanzamos para atopar a que será a imaxe da  Mostra de Teatro Amador de Vedra.  Despois de moito deliberar e da votación correspondente resultou elixido gañador este deseño presentado por Teresa Saco Burgos , de Alcalá de Henares (Madrid). Agora toca enchelo con toda a programación que estamos preparando para o noso público. Moi pronto publicaremos toda a información pero xa vos adiantamos que v an ser tres intensos fins de semana de puro teatro! Como sabedes, tamén premiamos cun accésit ao mellor cartaz infatil, que nesta ocasión recaeu na obra de Claudia Dorelle Alvela , de 6 anos e natural de San Miguel de Sarandón: Moitas grazas a todos por participar e parabéns ás gañadoras! 

Concurso de carteis para anunciar TEATROFILIA 2016

Imaxe
A Asociación Cultural Papaventos convoca o concurso de carteis para anunciar a XIII Mostra de Teatro Amador de Vedra , Teatrofilia , que se celebrará no mes de marzo de 2016. As bases do concurso son: 1 - PARTICIPANTES • Poderán presentarse ao concurso todas aquelas persoas que o desexen , agás os membros  da Asociación Cultural Papaventos e familiares directos. • Cada participante poderá presentar un máximo de dúas obras . 2 - TEMA e CARACTERÍSTICAS TÉCNICAS • Os carteis teñen que versar preferentemente sobre algo relacionado co teatro . Non obstante, os participantes gozan de completa liberdade para escoller o tema. • Os/as creadores/as dos carteis que se presenten ao concurso serán responsables da orixe da obra e, se esta estivera inspirada nun traballo alleo, deberán dispoñer da autorización do seu autor/a. • O tamaño dos carteis debe ser formato A3 (297x420mm). • Poderán realizarse con calquera técnica (pictórica, fotográfica, informática, etc.). • No car...

3,2,1... COMEZAMOS!

Imaxe
Este venres, 21 de marzo dará comezo TEATROFILIA da man dxs compañeirxs de Disfunción Continua de A Estrada, coa peza "Era outros tempos, ou non?". SINOPSE Cinco mulleres reúnense diante do público para recordar algúns dos episodios escolares que marcaron as súas vidas. A obra xoga entre dous planos temporais; o actual e mais aquel inesquencible curso de 1956-1957 nunha escola de nenas. Escena a escena imos coñecendo as clases de matemáticas, relixión, ximnasia, formación cívica, labores, economía doméstica e revivindo as ensinanzas nos valores propios da época. As alumnas buscan recursos para memorizar e evitar ser reprendidas polos mestres, fan unha visita escolar á emisora local e mesmo reciben a visita do inspector. Fontes: http://disfuncioncontinuateatro.blogspot.com.es/   A CULTURA RESISTE!

Programación Teatrofilia 2014

Imaxe
Bo día teatreiros/as!! Xa temos programación e cartaces recén chegadiños da imprenta. OLLO AO CAMBIO: O día 22 de marzo , trócase a función de Volta e Dálle pola peza "Visións dun Cego" de Teatro Atlántica de Matamá. A CULTURA RESISTE!

Gañadora do Concurso de Carteis Teatrofilia 2014

Imaxe
Queridos amigos teatreiros,  É un pracer para nós anunciarvos que este fermoso cartel presentado por  Andrea Valado (Ourense) resultou gañador do IX Concurso de carteis para anunciar a Mostra de Teatro Amador de Vedra, Teatrofilia 2014. O próximo 21 de marzo faráselle entrega do premio durante a inauguración da Mostra. Moitas grazas a todos por participar! Seguide atentos ao blog e ás nosas redes sociais xa que nos próximos días publicaremos toda a programación.

IX Concurso de Carteis de Teatrofilia

Imaxe
A Asociación Cultural Papaventos convoca o IX concurso de carteis para anunciar a XI Mostra de Teatro Amador de Vedra, Teatrofilia, que se celebrará no mes de marzo de 2014. As bases do concurso son:  1º) PARTICIPANTES - Poderán presentarse ao concurso todas aquelas persoas que o desexen, agás os membros da Asociación Cultural Papaventos e familiares directos. -Un mesmo autor/a poderá presentar o número de carteis que desexe.  2º) TEMA e CARACTERÍSTICAS TÉCNICAS -Os carteis teñen que versar preferentemente sobre algo relacionado co teatro. Non obstante, os participantes gozan de completa liberdade para escoller o tema.  - Os/as creadores/as dos carteis que se presenten ao concurso serán responsables da orixe da obra e, se esta estivera inspirada nun traballo alleo, deberán dispoñer da autorización do seu autor/a.  - O tamaño dos carteis é libre, así como a técnica empregada. -No cartel figurará rotulado:  Teatrofilia  XI Mostra ...

Cartel Teatrofilia 2013

Imaxe
Comprácenos moito presentarvos o cartel da X edición de Teatrofilia!! En 15 días levantamos o telón...contamos con vós para celebrar os 10 anos da mostra e os 25 da Asociación Cultural Papaventos! Bo teatro, boa compañía...que máis queres?

Teatrofilia 2013 xa ten cartel!

Como sabedes, o pasado día 12 de xaneiro, os Papaventos reunímonos como xurado para elixir a imaxe de Teatrofilia 2013. O cartel gañador resultou ser o realizado por Andrea Valado de Ourense. A categoría infantil quedou deserta ao non haber participantes. Moitas grazas a todos e todas as participantes: Amaya Méndez (Palencia), Fátima Limia (Vedra), Salomé Fdez. e Eloy Cambón (Compostela),Francisco Irigaray (Vitoria), Ádrian García, María Puertas (Ourense), Pilar Vaamonde (Cambados), Alejandra Pérez (A Coruña), Carlos Dopico, Carlos Mateo (Valladolid), Felipe Díaz\Caxoto (Viladesuso,Cervo), María Calvo e Rafael Rumbo (Culleredo), Isidro Cea, Raquel Ramos (Rianxo), Marisa Otero (Lestedo), María Pérez. Encantados de recibir as vosas propostas e ver tanta diversidade na procedencia das mesmas! Nunhas semanas poderedes ver o novo cartaz e a programación completa. Seguimos traballando!!

VIII Concurso de Carteis de Teatrofilia

Imaxe
Xa está aquí o VIII Concurso de Carteis para anunciar a X Mostra de Teatro Amador de Vedra, Teatrofilia, que se celebrará no mes de marzo de 2013. Aí vos deixamos as bases.  Animádevos a participar!!!   1º) PARTICIPANTES - Poderán presentarse ao concurso todas aquelas persoas que o desexen, agás os membros da Asociación Cultural Papaventos e familiares directos. -Un mesmo autor/a poderá presentar o número de carteis que desexe. 2º) TEMA e CARACTERÍSTICAS TÉCNICAS -Os carteis teñen que versar preferentemente sobre algo relacionado co teatro. Non obstante, os participantes gozan de completa liberdade para escoller o tema. - Os/as creadores/as dos carteis que se presenten ao concurso serán responsables da orixe da obra e, se esta estivera inspirada nun traballo alleo, deberán dispoñer da autorización do seu autor/a. - O tamaño dos carteis é libre, así como a técnica empregada. -No cartel figurará rotulado: Teatrofilia X Mostr...

Teatrofilia 2012

Imaxe
Xa está aquí unha nova edición de Teatrofilia 2012, e aquí deixamos o precioso cartel desta edición.

Gañadores do VI Concurso de Carteis de Teatrofilia 2012

Xa temos cartel para a vindeira edición de Teatrofilia!! Os autores, e polo tanto gañadores do concurso que convocamos, son Eloy Cambón García e Salomé Fernádez Liste (Santiago de Compostela). O accesit infantil é para tres rapaces do CPI "Antonio Orza Couto" de Forte (Boqueixón): Juan Manuel Taboada Barca, Raúl García Ferreiro e Brais Mujicas García. Noraboa a todos!! :)