28 de set. de 2006

Teatro e Power pop


Para un cartaz chuliiiirmo no que aparecemos, van e poñen mal o nome do grupo. Pero que demo pasa? Isto xa se está a converter nunha costume. Que si algarabía, que si aldaravía, que si patatín, que si patatán. De verdade é tan difícil? ANDARAVÍA, AN-DA-RA-VÍ-A, A-N-D-A-R-A-V-Í-A. Por esta vez, perdonámosvos pero que sexa a última, eh?! Sabemos que somos un grupo pequeno (pero xeitoso) e que non gozamos de gran popularidade alén das nosas fronteitas vedresas pero é que nos doe no corazón. Non vou dramatizar máis e direivos que isto, aínda que certo, é unha excusa para lembrarvos que o vindeiro xoves, 5 de outubro, o Cactus celebra o seu primeiro aniversario e que poderedes vernos por alí facendo o que máis nos gusta... e non especifico. Tedes unha cita no lugar de Pite, parroquia de Lucí, concello de Teo (e ao que non chegue con tanta indicación xa lle vale) ás dez da noite. Compartimos "escenario" co grupo galego do momento, The Homens, que nos fará mover o esquelete a ritmo de power pop. Non se pode pedir máis, a noite do xoves presúmese ferpecta e vós estades convidados.

Só me queda dicir... Parabéns para o Cactus e a por outro ano máis!!!!

María :)

2 comentarios:

*Sara dixo...

Moi ben, así me gusta, que eficiencia! Íache dicir que podías copiar o post do teu blog a este pero xa non fai falla. :)

María M dixo...

Agora só teño que rectificar tamén. Perdón, é "o" costume :)