10 de nov. de 2006

Os éxitos de Andaravía

Así titula hoxe La Voz de Galicia: Os éxitos de Andaravía. É que ultimamente vivimos nunha nube: os nosos éxitos.
Somos pequeniños, non temos detrás a ninguén que nos sustente, que manteña todo o que temos montado máis que a nosa ilusión, as gañas de soñar e o esforzo. E o apoio de todos vós, veciños e veciñas, amigos e amigas, que fomos atopando no camiño e que nos axudaron a chegar onde estamos agora e cos que agardamos seguir contando.
En novembro de 2001, un feixe de rapaces comezaban a xogar a facer teatro. En decembro de 2006, actuarán no Teatro Principal de Santiago de Compostela. É incrible.
Para nós, que o teatro constitúe unha paixón e unha liberación, chegar ao Principal é unha utopía. O 7 de decembro, os membros da compañía subiranse ao escenario máis importante de Galicia, e repartirán os seus Bicos con máis ilusión ca nunca. Debaixo, nas butacas, amigos, familia, coñecidos e futuros amigos, esperemos que nos acompañedes.
Son os pequenos éxitos de Andaravía.
Dende aquí, quero dar as grazas a varias persoas.
En primeiro lugar, a todos e a cada un dos meus compañeiros, porque se non fose pola implicación de todos nisto, non teriamos conseguido os nosos primeiros éxitos. É marabilloso poder contar cun grupo de amigos coma vós, por moitos anos máis.
Despois a todos os amigos e amigas que nos acompañan en cada representación, que veñen a Teatrofilia e que nos axudan a facer realidade os nosos soños, porque sen eles o noso traballo non tería sentido.

Se Papaventos e Andaravía colleitan éxitos, e por todo o universo que se xerou arredor desta pequena asociación. É máxico. Porque o noso vai máis aló do teatro.

Eli

3 comentarios:

Anónimo dixo...

Ai!! Como me sube o ego lervos; e vos vexo tan guapos e guapas nas fotos; bueno, non mentirei, nos vexo...Só sinto, moito, que se confirme o dato do día 7, porque eso significará que non estaremos todos; ata chegar a data seguirei esperando que ocorra algo que permita a Luigi estar con nós; é tan imprescindible, (e quen non?).

Elianinha dixo...

que razón tes, eu síntoo moito.

María M dixo...

Eu confío en que poida estar! Se non si que nos faltaría algo para sermos completamente felices ese día. :/