10 abr. 2007

Teatrofilia 2007

Superada a resaca do éxito e o cansanzo dun intenso mes de esforzo. Aínda así, notamos que o mel non marchou dos nosos beizos.
O balance deste ano de Teatrofilia, máis positivo ca nunca. IV mostra. Guau...! A xente non falla á súa cita e segue demandando un par de horiñas de teatro para se esqueceren do resto. Así nolo din, e nós, orgullosos. Este ano tamén nos apoiaron cando, medio broma, medio en serio, pedimos un auditorio. O aforo non sempre é suficiente e as sillas máis cómodas non chegan para todos.
As nosas espectativas foron superadas pola realidade. Só un día de menos de 100 persoas. Os demais, 120 de media. 'Metus Extremus' logra encher o espazo ata o máximo. 288 entradas contabilizadas. Incrible. E moitos quedaron fóra. Por iso, decicimos que hai que repetir. E serán dous días: o 29 de abril e o 4 de maio. Confirmaremos horas cando as decidamos para que, se non puideches vernos, alomenos teñas dúas oportunidades máis.
Teatrofilia rematou, pero nós seguimos traballando. A nova obra ten virtudes e outras cousas por pulir, somos conscientes, pero o bonito é que estea "viva" namentres nós decidamos paseala polos escenarios. Asi, veremos e veredes se crece bonitiña, se se fai unha señorita madura. Agora, é unha meniña que aínda ten moito por descubrir. E nós con ela.
E a vós, que chegades a este blog e ledes estas liñas, se hai unha palabra para dedicarvos, é GRACIAS, GRAZAS ou como vós queirades. Pero sabede que sen a cuarta parede, non seriamos máis que un soño sen cumprir.
Bicos... e metus.

2 comentarios:

Anónimo dijo...

:-)

Anónimo dijo...

bo comentario anónimo eu son outro anónim@.
:-)
VIVA ANDARAVIA!!!!!!!!!!!!!!!