25 de xan. de 2010

Veredicto do IV Concurso de Carteis de Teatrofilia

Xa temos gañadoras do concurso!! O cartel elixido para anunciar a VII Mostra de Teatro Amador de Vedra Teatrofilia está firmado polas artistas Aida Pérez e Marta Conde Domínguez, que recibirán o premio de 300 euros o primeiro día de Teatrofilia.

Este ano presentáronse uns 18 traballos. A todos os autores, moitísimas grazas por participar e ánimo para as vindeiras edicións!! Non esquezades que vós tamén tedes un bono gratis para asistir a Teatrofilia, así que... preparádevos que xa chega!

Estamos a traballar na organización desta nova edición da mostra teatral máis imporante de Vedra, comarca e arredores, así que estade atentos que pronto haberá novas... e pronto poderedes ver o cartel cheíño de propostas escénicas!

Ata pronto e un saúdo.

A.C. Papaventos

5 comentarios:

Anónimo dixo...

Onde se recollen os carteis?

Anónimo dixo...

Un mesmo autor/a poderá presentar o número de carteis que desexe.
Non autores/as
Vos mesmos

A.C.Papaventos dixo...

Ola Anónimo,

o teu comentario é un pouco estrano. Nin os membros do grupo, nin a súa familia directa poden presentar carteis a este concurso. É máis, por se dubidas de que así sexa, todos os carteis participantes, co nome do seu autor ou autora, expóñense durante todo o mes que dura Teatrofilia, como sempre foi desde que se convoca este concurso. Sen máis, anímote a que participes en vindeiros anos. Saúdos

Carla Capeáns dixo...

Alá nos veremos!
Biquiños

A.C. Papaventos dixo...

Pois esperamos verte entón... este ano temos grupos e obras moi novos... xa verás. Bicos!