Xa está aquí o VIII Concurso de Carteis para anunciar a X Mostra de Teatro Amador de Vedra, Teatrofilia, que se celebrará no mes de marzo de 2013. Aí vos deixamos as bases.
Animádevos a participar!!!
1º) PARTICIPANTES
- Poderán presentarse ao concurso todas aquelas persoas que o desexen, agás os membros da Asociación Cultural Papaventos e familiares directos.
-Un mesmo autor/a poderá presentar o número de carteis que desexe.
2º) TEMA e CARACTERÍSTICAS TÉCNICAS
-Os carteis teñen que versar preferentemente
sobre algo relacionado co teatro. Non obstante, os participantes
gozan de completa liberdade para
escoller o tema.
- Os/as creadores/as dos carteis que se presenten ao concurso serán responsables da orixe da obra e, se esta
estivera inspirada nun traballo alleo, deberán dispoñer da autorización do seu autor/a.
- O tamaño dos carteis é libre, así como a técnica empregada.
-No cartel figurará rotulado:
Teatrofilia
X Mostra de Teatro Amador de Vedra
É obrigatorio usar a tipografía “Alba” para a palabra Teatrofilia. Esta, pódese descargar no seguinte enderezo web: http://www.fontreactor.com/
-Deberase ter en conta que en algún lugar do cartel irá a programación da mostra así coma os logotipos das entidades que
fan posible Teatrofilia.
-O xurado deste concurso valorará a orixinalidade do carteis, así como a súa eficacia comunicativa e o impacto e
a calidade do deseño.
3º) PRESENTACIÓN
-A data límite para a presentación de carteis é o 7 de xaneiro de 2013.
- En ningún caso o cartel deberá ir identificado co nome do autor/a nin con pseudónimo.
- Os concursantes deberán
presentar unha copia do seu traballo en tamaño folio. Dita copia e
a identificación (Nome e apelidos, Nº de telf. e e-mail) do
autor ten que presentarse nun
sobre pechado. Sería desexable, aínda que non imprescindible, unha copia do traballo en soporte informático.
-Os sobres pechados xunto cos carteis presentaranse no Concello de Vedra ou poderán remitirse ao seguinte enderezo:
Asociación Cultural Papaventos
Rúa da Boca, nº 9
CP 15885, Vedra (A coruña)
4º) PREMIOS
-O autor/a do cartel gañador será premiado con 250 euros.
-Cada participante deste concurso será
obsequiado cun bono para a vindeira edición de Teatrofilia que poderán recoller na súa billeteira.
-Do mesmo xeito, concederase un premio accésit ao mellor cartel infantil (3-12
anos)
5º) XURADO
-O Xurado estará formado polos
membros da Asociación Cultural Papaventos.
- A A.C. Papaventos resérvase o dereito de declarar deserto o
premio en caso de que ningún cartel acade os requisitos demandados.
-O fallo do xurado darase a coñecer nos 15 días seguintes da finalización do prazo de entrega a
través da páxina web do concello, boletín, do Facebook e do blog de Papaventos, www.asociacionpapaventos.blogspot.com.
- O veredito do xurado será inapelable.
6º) TRABALLOS PREMIADOS
- O cartel que resulte elixido para anunciar a X edición de Teatrofilia cederá todos os dereitos sobre o seu uso, adaptación e explotación á Asociación Cultural Papaventos e poderá ser utilizado
sobre calquera soporte gráfico, Internet,
merchandising, etc.
-Tanto o premio do cartel gañador como o accésit infantil serán entregados aos seus
autores/a o día da inauguración de Teatrofilia.
7º) TRABALLOS NON PREMIADOS
- Todos os traballos serán expostos durante a mostra
e poderán ser recollidos polos seus autores/as nun prazo de 15 días unha vez rematada a
mostra. Rematado este prazo A A.C Papaventos entenderá que os autores renuncian aos traballos presentados.
-Se os traballos non premiados non se demandan no prazo indicado, Papaventos entenderá que os seus
autores/as renuncian á súa propiedade, podendo destruílos ou darlle o destino que crea máis oportuno.
-
8º) PUBLICIDADE
- Os sucesivos anuncios e novas sobre este
Concurso de Carteis serán publicados en www.asociacionpapaventos.blogspot.com e na páxina web do Concello de Vedra.
-
9º) NORMA FINAL
- Os concursantes, pola súa mera presentación, aceptan integramente as bases
deste concurso.
Datos de contacto:
Asociación Cultural
Papaventos- Andaravía Teatro
Rúa
da Boca nº 9
15885 Vedra A Coruña
ac_papaventos@yahoo.es
www.asociacionpapaventos.blogspot.com
Tlf: 626937587 /686181861
1 comentario:
Publicar un comentario