6 de dec. de 2024

XVIII CONCURSO DE CARTEIS PARA ANUNCIAR TEATROFILIA 2025

 


BASES DO XVIII CONCURSO DE CARTEIS PARA ANUNCIAR TEATROFILIA 

A Asociación Cultural Papaventos convoca o concurso de carteis para anunciar a XX Mostra de Teatro Amador de Vedra, Teatrofilia 2025, que se celebrará nos meses de marzo e abril 2025.

As bases do concurso son:

1. PARTICIPANTES

• Poderán presentarse ao concurso todas aquelas persoas que o desexen, agás os membros da Asociación Cultural Papaventos e familiares directos.

• Cada participante poderá presentar un máximo de dúas obras.

2. TEMA e CARACTERÍSTICAS TÉCNICAS

• Os carteis teñen que versar preferentemente sobre algo relacionado co teatro.

Non obstante, os participantes gozan de completa liberdade para escoller o tema.

• Os/as creadores/as dos carteis que se presenten ao concurso serán responsables da orixe da obra e, se esta estivera inspirada nun traballo alleo, deberán dispoñer da autorización do seu autor/a.

• O tamaño dos carteis debe ser formato A3 (297x420mm).

• Poderán realizarse con calquera técnica (pictórica, fotográfica, informática, etc.).

• No cartel figurará rotulado: Teatrofilia XX Mostra de Teatro Amador de Vedra

• É obrigatorio empregar a tipografía “Alba” para a palabra Teatrofilia. Esta pódese descargar no  seguinte enderezo web: http://www.fontreactor.com/

• Deberase ter en conta que nalgún lugar do cartel irá a programación da mostra así coma os logotipos das entidades que fan posible Teatrofilia.

• O xurado deste concurso valorará a orixinalidade dos carteis, así como a súa eficacia comunicativa e o impacto e a calidade do deseño.

3. PRESENTACIÓN

• A data límite para a presentación de carteis é o 3 de xaneiro de 2025.