A Asociación Cultural Papaventos convoca o concurso de carteis para anunciar a XX Mostra de Teatro Amador de Vedra, Teatrofilia 2025, que se celebrará nos meses de marzo e abril 2025.
As bases do concurso son:
1. PARTICIPANTES
• Poderán presentarse ao concurso todas aquelas persoas que o desexen, agás os membros da Asociación Cultural Papaventos e familiares directos.
• Cada participante poderá presentar un máximo de dúas obras.
2. TEMA e CARACTERÍSTICAS TÉCNICAS
• Os carteis teñen que versar preferentemente sobre algo relacionado co teatro.
Non obstante, os participantes gozan de completa liberdade para escoller o tema.
• Os/as creadores/as dos carteis que se presenten ao concurso serán responsables da orixe da obra e, se esta estivera inspirada nun traballo alleo, deberán dispoñer da autorización do seu autor/a.
• O tamaño dos carteis debe ser formato A3 (297x420mm).
• Poderán realizarse con calquera técnica (pictórica, fotográfica, informática, etc.).
• No cartel figurará rotulado: Teatrofilia XX Mostra de Teatro Amador de Vedra
• É obrigatorio empregar a tipografía “Alba” para a palabra Teatrofilia. Esta pódese descargar no seguinte enderezo web: http://www.fontreactor.com/
• Deberase ter en conta que nalgún lugar do cartel irá a programación da mostra así coma os logotipos das entidades que fan posible Teatrofilia.
• O xurado deste concurso valorará a orixinalidade dos carteis, así como a súa eficacia comunicativa e o impacto e a calidade do deseño.
3. PRESENTACIÓN
• A data límite para a presentación de carteis é o 3 de xaneiro de 2025.
• En ningún caso o cartel deberá ir identificado co nome do autor/a nin con pseudónimo.
• Os/as participantes presentarán a obra xunto cun sobre pechado no que conste a súa identificación (nome, apelidos, número de teléfono, correo electrónico e no caso de querer optar ao accésit infantil tamén a data de nacemento).
• Os sobres pechados xunto cos carteis poderanse presentar ata o 3 de xaneiro de 2025 (inclusive) na Casa do Concello de Vedra ou a través de correo postal:
Asociación Cultural Papaventos
Rúa da Boca, nº 9 CP 15885, Vedra (A Coruña)
• Tanto nos sobres enviados por correo postal como nos presentados na Casa do Concello de Vedra deberá figurar na parte exterior o asunto:
"XVIII Concurso de Carteis Teatrofilia 2025"
e no caso de optar ao accésit infantil deberá figurar tamén no sobre:
“Accésit infantil (3-12 anos)”
4. PREMIOS
• O autor/a do cartel gañador será premiado con 300 euros.
• Cada participante deste concurso será obsequiado cun bono para a vindeira edición de Teatrofilia que poderán recoller na súa billeteira.
• Do mesmo xeito, concederase un premio accésit ao mellor cartel infantil (3-12 anos).
5. XURADO
• O xurado estará formado polos membros da Asociación Cultural Papaventos.
• A Asociación Cultural Papaventos resérvase o dereito de declarar deserto o premio no caso deque ningún cartel acade os requisitos demandados.
• O veredicto do xurado darase a coñecer nos 15 días seguintes á finalización do prazo de entrega a través da páxina web do Concello de Vedra, no boletín informativo do Concello, redes sociais (Facebook) e no blog de Papaventos (www.asociacionpapaventos.blogspot.com).
• O veredicto do xurado será inapelable.
6. TRABALLOS PREMIADOS
• O cartel que resulte elixido para anunciar a XX edición de Teatrofilia cederá todos os dereitos sobre o seu uso, adaptación e explotación á Asociación Cultural Papaventos, que empregará en formato dixital e impreso para difundir dita edición de Teatrofilia.
• Tanto o premio do cartel gañador como o accésit infantil serán entregados aos seus autores/as o día da inauguración de Teatrofilia.
7. TRABALLOS NON PREMIADOS
• Todos os traballos serán expostos durante a mostra. Aqueles autores/as que desexen recoller a obra dispoñen dun prazo de 15 días despois do remate da XX edición de Teatrofilia.
8. PUBLICIDADE
• Os sucesivos anuncios e novas sobre este concurso de carteis serán publicados en www.asociacionpapaventos.blogspot.com e na páxina web do Concello de Vedra.
9 - NORMA FINAL
• Os concursantes, pola súa mera presentación, aceptan integramente as bases deste concurso.
Datos de contacto:
Asociación Cultural Papaventos - Andaravía Teatro
Rúa da Boca, nº 9 CP 15885, Vedra A Coruña
ac_papaventos@yahoo.es
www.asociacionpapaventos.blogspot.com
Tlfs.: 626937587 / 686181861
Ningún comentario:
Publicar un comentario