8 de mar. de 2025

Volve Teatrofilia. Aquí a programación do 2025

Un ano máis, e xa van vinte, volve Teatrofilia, unha mostra de teatro amador que encherá Vedra de artes escénicas. Dende o 14 de marzo até o 5 de abril o Centro Sociocultural de Vedrá acollerá 13 representacións teatrais que mostran a diversidade e gran potencia do teatro amador do país.

Aquí a programación, coa indicación coa recomendación dos públicos aos que van dirixidas cada unha das obras: 

VENRES 14 DE MARZO
21:30h “Paripé(TP) de O Catre Teatro (As Pontes)*

SÁBADO 15 DE MARZO

20:30 "Miles Gloriosus" (+12) de Teatro Muxicas (ONCE Ourense)

(Visita táctil para público con discapacidade visual ás 20h)

DOMINGO 16 DE MARZO
19:30h “A visita” (+16) do Grupo municipal de teatro de Ames

VENRES 21 DE MARZO
21:30h “Fraktal” (+12) de Ska-Rnio escénico (Rianxo)

SÁBADO 22 DE MARZO
20:30h “Sobre o mal que fai o tabaco” (+12) de Escola municipal de artes escénicas da Estrada

DOMINGO 23 DE MARZO

19:30h “Nanai da China” (Público infantil) de Pérez & Fernández (A Coruña)*

VENRES 28 DE MARZO
21:30h “Un tranvía chamado desexo” (+12) de Sencancelasteatro (Santa Comba)

SÁBADO 29 DE MARZO
20:30h "A Besta da illa” (+12) de Damecuerdaqueteatro (Pontedeume)

DOMINGO 30 DE MARZO

16:00h Tarde infantil
“As laranxas ao noso xeito” de Xs Papaventiñxs (Vedra)
“Mariñeiros da Escola de Sarandón (CRA Boqueixón-Vedra “Neira Vilas”)

18:00h Roteiro “Pepa a loba” (TP) de Andaravía Teatro (Vedra)

VENRES 4 DE ABRIL
21:30h “O latricar de Vedra” (+12) do Grupo de teatro de maiores do Centro Social de Vedra

SÁBADO 5 DE ABRIL
20:30h "Croquetas" (TP) da Agrupación Teatral Mariñán (Betanzos)


*Dentro da programación da Rede Cultural da Deputación da Coruña

A hora fixada no cartel é a de comezo da función. As portas abriranse 15 minutos antes

Agradecemos a todas as persoas que un ano máis colaboran con Teatrofilia. Unha Mostra de amor polo teatro amador que acolle Vedra e invita á toda a veciñanza a participar e desfrutar.

Vémonos no Centro Sociocultural de Vedra!


Ningún comentario: