XA TEMOS CARTEL GAÑADOR DO XIX CONCURSO DE CARTEIS PARA ANUNCIAR TEATROFILIA 2026, FEITO POLA ESTRADENSE PATRICIA RIVEIRA LACEIRAS
IMAXE CARTEL GAÑADOR DO CONCURSO DE CARTEIS "TEATROFILIA 2026" Despois da deliberación do xurado formado polos membros da Asociación Cultural Papaventos, reunido para valorar todas as propostas de carteis presentadas para anunciar a viséximo-primeira edición da Mostra de Teatro Amador de Vedra: Teatrofilia 2026, agrádanos anunciarvos que o deseño gañador foi o presentado por: Patricia Riveira Laceiras, veciña de Vea (A Estrada), natural de Bos Aires (Arxentina). Cun deseño feito a man e moi colorista, representando elementos como as máscaras características das artes escénicas cun estilo de fantasía, este cartel é o elixido para promocionar a nosa mostra de teatro amador Teatrofilia 2026. Parabéns, Patricia! ACCÉSIT INFANTIL E na categoría infantil do concurso, recae o accésit para a proposta do: 2º curso de Educación Primaria do CPI Plurilingüe de Vedra (A Coruña) . Noraboa! Queremos agradecer a todas as persoas que participaron no concurso, tanto nen@s como maior...