XA TEMOS CARTEL GAÑADOR DO XIX CONCURSO DE CARTEIS PARA ANUNCIAR TEATROFILIA 2026, FEITO POLA ESTRADENSE PATRICIA RIVEIRA LACEIRAS

 IMAXE CARTEL GAÑADOR DO CONCURSO DE CARTEIS "TEATROFILIA 2026"

Despois da deliberación do xurado formado polos membros da Asociación Cultural Papaventos, reunido para valorar todas as propostas de carteis presentadas para anunciar a viséximo-primeira edición da Mostra de Teatro Amador de Vedra: Teatrofilia 2026, agrádanos anunciarvos que o deseño gañador foi o presentado por:

Patricia Riveira Laceiras, veciña de Vea (A Estrada), natural de Bos Aires (Arxentina).



Cun deseño feito a man e moi colorista, representando elementos como as máscaras características das artes escénicas cun estilo de fantasía, este cartel é o elixido para promocionar a nosa mostra de teatro amador Teatrofilia 2026. Parabéns, Patricia!


ACCÉSIT INFANTIL

E na categoría infantil do concurso, recae o accésit para a proposta do:

2º curso de Educación Primaria do CPI Plurilingüe de Vedra (A Coruña). Noraboa!

Cartel gañador accésit infantil Teatrofilia 2026

Queremos agradecer a todas as persoas que participaron no concurso, tanto nen@s como maiores, nesta XIX edición do concurso de carteis para anunciar Teatrofilia. Dende a Asociación Cultural Papaventos, organizadora do concurso e da mostra, estamos felices polo bo numero de participantes, que ascendeu a 21 na categoría adultos e outras tantas na categoría infantil. Parabéns pola vosa creatividade!

Segundo vén especificado nas bases do concurso, recordamos que as persoas participantes no concurso tedes dereito a un bono de Teatrofilia, para o acceso ás obras desta edición da mostra sempre que queden prazas libres.

E todas as propostas presentadas serán expostas ao público durante a próxima edición de Teatrofilia, que se celebrará de maneira interrumpida nas fins de semana entre o venres 6 e o sábado 28 de marzo deste ano.

Queda pouco xa para difundir a programación completa da mostra, estade atent@s!


Comentarios

Publicacións populares deste blog

Volve Teatrofilia. Aquí a programación do 2025