27 mar. 2006

Día mundial do teatro

Onte, en Teatrofilia, limos o manifesto que escribiu o dramaturgo mexicano Víctor Hugo Rascón para conmemorar esta xornada de reivindicación e homenaxe teatral. Velaquí algúns fragmentos:
O teatro conmove, ilumina, incomoda, perturba, exalta, rebela, provoca, trasgrede. É unha conversa compartida coa sociedade. O teatro é a primeira das artes que se enfronta coa nada, coas sombras e co silenzo para que xurdan a palabra, o movemento, as luces e a vida.
O teatro é un feito vivo que se consume a si mesmo mentras se produce, pero sempre renace das cinzas. É unha comunicación máxica na que cada persoa dá e recibe algo que a transforma.
O teatro ten inimigos visibles, a ausencia de educación artística na nenez, que impide descubrilo e gozalo; a pobreza que invade ó mundo, alonxando ós espectadores das butacas e a indiferencia e o desprezo dos governos que deben promovelo.
Polo que a nós respecta, todo segue vento en popa. Aínda que o tempo destes días parecía propio de tormentas do Amazonas, dinme de conta de que o local de teatro débelles resultar acolledor ós nosos espectadores, porque a asistencia non baixou nada, senón todo o contrario.
Nós estamos encantados, aínda que de vez en cando atopemos "sorpresiñas". Aceptamos críticas, que para iso poñemos á disposición de todos este blog e o correo electrónico, pero non podemos permitir que se falte á verdade. Así que eu direi que:
1) Non sei se tódolos veciños de Vedra lle concederon o privilexio de actuar como portavoz a "Yony", pero dubídoo.
2) As palabras que pon "Yony" en boca de Mourinho non son as mesmas que dixo o futbolista ("Cataluña es un país de cultura y sabéis lo que es el teatro"). Ademais, non entendo moi ben por qué mestura a velocidade co touciño...
3)"Os veciños de Vedra xa nos estamos cansando do teatro do PSOE". Uf, non sei se "Yony" (que volve actuar como portavoz dos veciños vedreses) se refire a que o governo do concello fai teatro ou que. Se é unha crítica neste sentido, o concello ten unha web e un correo para deixar suxestións ou o que se queira, pero unha nova de Teatrofilia non é lugar. Pero como o que di "Yony" se pode entender doutra maneira e dar lugar a equívocos, deixo ben clariño que Teatrofilia é unha mostra organizada pola Asociación Cultural Papaventos, totalmente independente do concello e libre de todo partidismo político. Somos os compoñentes de Papaventos "os que poñemos o lombo e pagamos co noso corpo", como diría Antón, para sacar adiante catro fins de semana de teatro. Polo de agora, non semella que a xente se canse "de ver teatro", ¿ou é que 110 persoas, que foi o mínimo de asistencia polo de agora, non contan nada? Preguntade no Principal de Santiago a ver canta xente ten habitualmente calquera das obras profesionais que poida representarse nel... Governe quen governe, nos intentaremos sempre, sempre seguir con Teatrofilia e co teatro en Vedra, que é a nosa terriña.
Non pretendo influir nos gustos de cadaquén. O teatro, igual que o cine, a lectura ou o deporte, pode gustar ou non, pero non se deben confundir nin termos nin falar do que non se sabe. Non sei se alguén quere engadir algo máis. Eu tan só digo que... ¡viva o teatro! Hoxe toca celebralo.
Sara

7 comentarios:

Anónimo dijo...

OLA DE NOVO! NON SEI QUEN É ESE TAL "YONY", O QUE ESTÁ CLARO É QUE NON TEN NIN IDEA. EU OBVIARÍA DIERECTAMENTE ESE COMENTARIO, PORQUE BEN SE VE QUE NON SABE DE QUE FALA. POR CERTO, GUSTARÍAME COLABORAR COA ASOCIACIÓN ESTEA DONDE ESTEA (REFÍROME A MIN, PORQUE ANDO UN POUCO DESARRAIGADA POR CULPA DA TEMPORALIDADE LABORAL). NON SEI SE TEDES SOCIOS OU O QUE SEXA. SÓ VOS QUERO TRANSMITIR O MEU APOIO E QUE ESTOU ENCANTADA CO TRABALLO QUE FACEDES.
SAÚDE E SAÚDOS DUNHA PONTEULLANA.
ESMERALDA.

elianinha dijo...

Ola!
Son Eli, estou na asociación. Se queres colaborar connosco, quedamos todas as semanas (como mínimo) na casa da Irmandade (ten un nome precioso, lastima das pingueiras...), en Vedra, a carón da farmacia. Se queres máis información, envíanos un correo electrónico a: ac_papaventos@yahoo.es, e contámosche máis polo miúdo a nosa dinámica e proxectos.
E graciñas polo interés!!!

elianinha dijo...

http://www.lavozdegalicia.es/ed_santiago/noticia.jsp?CAT=123&TEXTO=4632748

noticia teatrofilia

elianinha dijo...

outra ligazón:
Día da poesía, algunhas andaravieiras, paseamos por alí.

http://www.culturagalega.org/extra_galeria.php?titulo=De+paseo+con+Rosal%EDa&id=16284&id_nova=7725&&index=0

Anónimo dijo...

Xa vos enviei onte un e-mail, non sei se o recibistes. Nel dábavos os meus parabéns e dicíavos que coñecín de casualidade o sábado pasado a Pepe Penabade, que viña precisamente da vosa Teatrofilia, moi emocionado o home. Foi unha das poucas veces que me sentín ben orgullosa de ser de Vedra. Tamén lles mandaba saúdos especiais a Orlando e a Hixinio, que son os únicos que coñezo persoalmente. Tentarei asistir á función do 8 de abril.
O meu e-mail é corre_cicia@yahoo.es. Outro día escríbovos con máis tempo.
ESME.

manantialdejade dijo...

...recarallo que ben estivo o teatro filia ; a pega é que non puiden ir todo o que eu quixera , mas as funcións que estiven gustaron-me , principalmente a curta "non vou" ( , . . . os dialogos eran mellorabeis , pero na proxima a cousa promete ¿ehh Abe?) . Agradecido pelo voso esforzo e desexando bucear no teatrofilia 2007 .
Yoni? Ben , como dicía Pessoa , todo o mundo se equivoca , mas só os intelixentes o recoñecen . Yoni ten a oportunidade de ser intelixente na seguinte teatrofilia
¡¡¡¡¡ Abaixo o telón!!!!!

Anónimo dijo...

Eu súmome ás felicitación por Teatrofilia. Estiven só na última xornada pero chegoume para decatarme de que vale a pena! Espero na próxima edición asistir a máis funcións.
Moitas gracias polo voso esforzo, dende logo ben recoñecido por un público abundante e xeneroso. Ese é un patrimonio difícil de acadar e de renovar, ten mérito abondo!
Un saúdo.
Moisés, vedrés con-sorte.