8 de xuño de 2006

Vacacións!!

O teatro tamén cansa. Necesitamos cargar as pilas para poñernos uns a enfrontarnos cos exames, outros a broncearse e outros a seguir traballando no seu, como de costume. Ademais, hai que ter en conta que ir de negro baixo 40º de calor... ;o)
As actuacións teatrais chegaron á súa fin ata setembro, máis ou menos. Non obstante, aproveitaremos o periodo estival para ir pensando novas ideas que levar ás taboas. Logo do verán, volveremos case todos máis moreniños, pero con ganas de actuar renovadas. De tódolos xeitos, aquí podedes seguir escribindo (ou comezar a facelo, xD) cando vos pareza e sobre o que vos pete.
Un saúdo moi agarimoso a todos!

3 comentarios:

Elianinha dixo...

Grazas polo de case todos, porque a min dame que non vou cheirar a praia... como ven sendo habitual. Jajaja.

*Sara dixo...

Pois eu este ano, como non veñan bos os domingos... :S

Anónimo dixo...

Pasade un bo verán. A ver se en outono vos vexo no escenario por primeira vez, quen sabe sen en Arzúa!
Unha aperta.