Publicacións

Mostrando publicacións desta data: outubro, 2006

I Concurso de carteis para Teatrofilia

A Asociación Cultural Papaventos convoca un concurso de carteis para anunciar a IV Mostra de Teatro Amador de Vedra, Teatrofilia, que se celebrará entre marzo e abril de 2007. AS BASES DO CONCURSO SON: 1ª) PARTICIPANTES - Poderán presentarse ao concurso todas aquelas persoas que o desexen, sexan ou non veciños de Vedra, excepto os membros da Asociación Cultural Papaventos. - Un mesmo autor/a poderá presentar o número de carteis que considere oportuno. 2ª) TEMA e CARACTERÍSTICAS TÉCNICAS - Os carteis teñen que versar preferentemente sobre algo relacionado co teatro, xa que o obxectivo é anunciar Teatrofilia, a Mostra de Teatro Amador de Vedra. Non obstante, os participantes gozan de completa liberdade para escoller o tema, sempre e cando promova a difusión de dita Mostra. - Os creadores dos carteis que se presenten ao concurso serán responsables da orixe da obra e, se esta estivera inspirada nun traballo alleo, deberán dispoñer da autorización do seu autor/a. - O tamaño dos carteis é l...

Noraboa, Sariegu!!!

Imaxe
Pronto se cumprirá un ano da viaxe de Papaventos a Asturies, concretamente, a Sariegu. Primeiro foron eles os que, grazas aos lazos de amizade con algúns do grupo (léase Hixi, por exemplo), se achegaron a coñecer Vedra traéndonos como presente a súa arte na danza e no teatro. Logo, tocounos a nós repartir 'Bicos' por esa encantadora vila, que este ano logrou o título de "pueblo ejemplar". Dende aquí, creo que todos os de Papaventos queremos darlle a noraboa aos sareganos que tan, tan, tan ben nos trataron tanto aquí como alá. A súa cordialidade e bo corazón tiveron premio, e dos oficiais. Tan pronto como Hixi nos deu a nova a nosa reacción foi aplaudir. Por algo será. Mañá moitos estaremos pendentes deles, a ver se os vemos na tele, jeje...

Unha curta que dará para longo

Imaxe
Os vínculos que o unen con Papaventos son os máis fortes. Os do amor e os da amizade. Quixo contar con nós para facer realidade unha historia que imaxinou, para darlle vida a uns personaxes que tiñan algo que contar. E alá fomos todos a poñernos diante da cámara e tentar dar o mellor de nós. Tierras de Santiago nomeouno hoxe personaxe destacado da semana xunto con outros seis veciños da comarca compostelá. Abelardo Rendo foi o noso director en 'As Farolas' , a curtametraxe que estivemos grabando as últimas dúas fins de semana. Dende aquí, queriamos agradecerlle que nos dera a oportunidade de aprender, de compartir e de coñecer. De aprender que non é tan fácil levar adiante un proxecto destas características senunpesoealoloco, que fai falta moita vontade e bondade por parte de todos e moita organización. Que todos somos imprescindibles e que o que de verdade importa é o traballo en equipo. De aprender que, aínda que pareza un tópico, o que graba a cámara e finalmente verá todo...