18 de out. de 2006

Unha curta que dará para longo


Os vínculos que o unen con Papaventos son os máis fortes. Os do amor e os da amizade. Quixo contar con nós para facer realidade unha historia que imaxinou, para darlle vida a uns personaxes que tiñan algo que contar. E alá fomos todos a poñernos diante da cámara e tentar dar o mellor de nós. Tierras de Santiago nomeouno hoxe personaxe destacado da semana xunto con outros seis veciños da comarca compostelá. Abelardo Rendo foi o noso director en 'As Farolas', a curtametraxe que estivemos grabando as últimas dúas fins de semana. Dende aquí, queriamos agradecerlle que nos dera a oportunidade de aprender, de compartir e de coñecer. De aprender que non é tan fácil levar adiante un proxecto destas características senunpesoealoloco, que fai falta moita vontade e bondade por parte de todos e moita organización. Que todos somos imprescindibles e que o que de verdade importa é o traballo en equipo. De aprender que, aínda que pareza un tópico, o que graba a cámara e finalmente verá todo o mundo, non sería nada se non fora por todo o que se coce detrás dela. De compartir esta experiencia con uns pedazo profesionais, técnicos e artistas, que te caghas e que ademáis son xente coa que paga a pena compartir máis que unha rodaxe, e como non, con cada un dos piñóns da piña de Andaravía. E por suposto de coñecer a algúns dos actores e actrices máis recoñecidos da escea e do audiovisual galego, de velos traballar de preto, compartir momentos e conversas, aprender deles e volvemos comezar. Por todo iso, GRAZAS. E como escribiu Pepe, que "esta curta se convirta nun largo, largo traballar, largo equipo, longa amizade".

María

3 comentarios:

*Sara dixo...

Ratifico cada liña deste post. Noraboa a tod@s!!!

Anónimo dixo...

Pero, pero, por donde andan circulando esas fotos? Desde aquí gracias a todos, de papaventos e de fóra, por axudar a Abe a facer realidade esa idea; especialmente a Eliana,porque se a primeira conversa con ela para facer un guión desde a idea non fora arriba, xa todo quedaría en nada seguramente. E desde ela a todos os posteriores "Sí" que foi escoitando un tras outro. O mellor, a ilusión, o bó ambiente, a seguridade de que cada un, co seu pequeno ou gran grao, podía facelo. Gracias.

Elianinha dixo...

boh, tou colorada...