Publicacións

Mostrando publicacións desta data: 2007

II edición do concurso de carteis

A Asociación Cultural Papaventos convoca un concurso de carteis para anunciar a V Mostra de Teatro Amador de Vedra, Teatrofilia, que se celebrará en abril do 2008 AS BASES DO CONCURSO SON: 1ª) PARTICIPANTES - Poderán presentarse ao concurso todas aquelas persoas que o desexen, sexan ou non veciños de Vedra, excepto os membros da Asociación Cultural Papaventos. - Un mesmo autor/a poderá presentar o número de carteis que desexe. 2ª) TEMA e CARACTERÍSTICAS TÉCNICAS - Os carteis teñen que versar preferentemente sobre algo relacionado co teatro, xa que o obxectivo é anunciar Teatrofilia, a Mostra de Teatro Amador de Vedra. Non obstante, os participantes gozan de completa liberdade para escoller o tema, sempre e cando promova a difusión de dita Mostra. - Os creadores dos carteis que se presenten ao concurso serán responsables da orixe da obra e, se esta estivera inspirada nun traballo alleo, deberán dispoñer da autorización do seu autor/a. - O tamaño dos carteis é libre, así como a técnica...

Teatrofilia 2007

Superada a resaca do éxito e o cansanzo dun intenso mes de esforzo. Aínda así, notamos que o mel non marchou dos nosos beizos. O balance deste ano de Teatrofilia, máis positivo ca nunca. IV mostra. Guau...! A xente non falla á súa cita e segue demandando un par de horiñas de teatro para se esqueceren do resto. Así nolo din, e nós, orgullosos. Este ano tamén nos apoiaron cando, medio broma, medio en serio, pedimos un auditorio. O aforo non sempre é suficiente e as sillas máis cómodas non chegan para todos. As nosas espectativas foron superadas pola realidade. Só un día de menos de 100 persoas. Os demais, 120 de media. 'Metus Extremus' logra encher o espazo ata o máximo. 288 entradas contabilizadas. Incrible. E moitos quedaron fóra. Por iso, decicimos que hai que repetir. E serán dous días: o 29 de abril e o 4 de maio. Confirmaremos horas cando as decidamos para que, se non puideches vernos, alomenos teñas dúas oportunidades máis. Teatrofilia rematou, pero nós seguimos traballand...

Amigo invisible

Imaxe
Estas fotos pertencen á última cea Papaventos. Foi na casa da excelente anfitriona María Munín. Alí repartimos os amigos e inimigos invisibles os nosos regalos. Aí vos queda unha mostra do que foi esa noite. Polo menos moi divertida. E saborosa.

Teatrofilia 2007

Imaxe
Xa hai gañador do I Concurso de Carteis para Teatrofilia. É Pablo González Múñiz, de Vigo. O cartaz xa o podes descargar da web, con toda a programación. Felicidades, Pablo! E a todos os que participastes, moitas grazas. Puxéstesnolo realmente difícil, con 21 carteis a concurso. Todo un éxito. Chamarémosvos nestes días para dicirvos onde podedes recoller os bonos por participar. Ademais, temos previsto organizar unha exposición cos carteis: auténticas obras de arte! Agardamos que vos animedes a participar para a vindeira edición, a quinta de Teatrofilia.

Concurso de carteis

O I Concurso de Carteis para Teatrofilia xa ten gañador! O traballo elexido pertence ao vigués Pablo González Muñiz e pronto poderedes velo pendurado coa programación de Teatrofilia IV. Os demais cartaces pensamos expoñelos en Teatrofilia IV, sempre e cando os seus autores nos dean permiso. Ante todo, queremos darvos as gracias a todos os que participastes. Estamos moi contentos ca aceptación que tivo o concurso, pois a pesar de ser a primeira vez que se organiza, recibimos un total de 21 traballos. Sabedes que todos os participantes tedes dereito a un bono para acudir á IV Mostra de Teatro Amador de Vedra, así que xa nos poremos en contacto convosco pronto. Un saúdo!!!

Feliz 2007!!

Papaventos deséxavos a todos un feliz aninovo! Á parte, lémbravos que aínda estades a tempo de participar no concurso de carteis para a vindeira edición de Teatrofilia, na que xa estamos a traballar. As bases están uns cantos post máis abaixo. Saúdos a tod@s!