XVIII CONCURSO DE CARTEIS PARA ANUNCIAR TEATROFILIA 2025
BASES DO XVIII CONCURSO DE CARTEIS PARA ANUNCIAR TEATROFILIA A Asociación Cultural Papaventos convoca o concurso de carteis para anunciar a XX Mostra de Teatro Amador de Vedra, Teatrofilia 2025 , que se celebrará nos meses de marzo e abril 2025. As bases do concurso son: 1. PARTICIPANTES • Poderán presentarse ao concurso todas aquelas persoas que o desexen, agás os membros da Asociación Cultural Papaventos e familiares directos. • Cada participante poderá presentar un máximo de dúas obras. 2. TEMA e CARACTERÍSTICAS TÉCNICAS • Os carteis teñen que versar preferentemente sobre algo relacionado co teatro. Non obstante, os participantes gozan de completa liberdade para escoller o tema. • Os/as creadores/as dos carteis que se presenten ao concurso serán responsables da orixe da obra e, se esta estivera inspirada nun traballo alleo, deberán dispoñer da autorización do seu autor/a. • O tamaño dos carteis debe ser formato A3 (297x420mm). • Poderán realizarse con calquera técnica...