IMAXE CARTEL GAÑADOR CONCURSO CARTEIS TEATROFILIA 2025 Despois da deliberación do xurado formado polos membros da Asociación Cultural Papaventos, reunido para valorar todas as propostass de carteis presentadas para anunciar a viséxima edición da Mostra de Teatro Amador de Vedra: Teatrofilia 2025, agrádanos anunciarvos que o deseño gañador foi o presentado por: Teresa Tato Cabaleiro , de San Miguel de Sarandón - Vedra (A Coruña) Coa imaxe limpa e diáfana dun monifate manexado dende unha man coas unllas pintadas coa cor vermella da paixón polas artes escénicas, este cartel é o escollido para difundir a nosa mostra de teatro amador Teatrofilia 2025, que se celebrará entre os meses de marzo e abril. ACCÉSIT INFANTIL E na categoría infantil do concurso, resultou gañadora do accésit a proposta de Lucía Castro Cabaleiro, da aldea de Ximonde - San Miguel de Sarandón - Vedra (A Coruña). Noraboa ! Aquí o cartel gañador do accésit infantil: Queremos agradecer a participación de todas a...